Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Unha tartaruga de 200 quilos xace nestos momentos no porto de Panxón.

Unha tartaruga de 200 quilos xace nestos momentos no porto de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
tartaruga_nigrn_1web

As persoas que se encontren nas inmediacións do porto de Panxón (Nigrán) poderán observar sobre o peirao o corpo sen vida dunha enorme tartaruga de 200 quilos. O animal foi arrastrado xa sen vida por un grupo de mariñeiros que se encontraban de regreso ao finalizar a súa faena, segundo informaron autoridades do concello de Nigrán.

 

Nestes momentos un grupo de biólogos da Xunta de Galicia está a intentar trasladar a tartaruga para o seu estudo. As informacións obtidas ata o momento indican que os traballadores encontraron ao animal entre as súas redes cando ían mar abaixo.