Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A tartaruga de Panxón en camiño a Ourense e A Coruña.

A tartaruga de Panxón en camiño a Ourense e A Coruña.

Correo-e Imprimir PDF
A_tartaruga_4
A_tartaruga_1
A_tartaruga_2
A_tartaruga_5
A_tartaruga_3
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

Sobre as 10 horas da mañá de hoxe foi retirado o corpo sen vida da tartaruga que xacía no peirao de Panxón. Coa autorización do equipo de biólogos da Xunta de Galicia que están dende onte en Nigrán, o animal foi trasladado a Ourense para estudos de laboratorio e finalmente irá á Coruña onde se complementarán as análises co fin de determinar as causas da súa morte.

Os 310 quilos de peso do animal obrigaron a utilizar grúas e equipamentos de carga acordes para realizar as manobras. A operativa estivo a cargo dun equipo privado contratado pola Xunta de Galicia para estas actividades. Segundo testemuños recollidos no lugar, a tartaruga chegou onte a Panxón nunha embarcación de pescadores da zona que a atoparon morta entre as súas redes.