O Concello de Nigrán outorgou esta mañá unha licenza de obras a Zona Franca de Vigo para a construción dun edificio comercial e de oficinas en Porto de Molle. Os traballos de edificación comezarán nos próximos días cun investimento estimado en 4.343.157 euros.
Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor
Nigrán otorgou licenza de obras a Zona Franca para construción en Porto de Molle.
Proclamación de Alberto Valverde para as municipais 2011.
Arroupado por autoridades autonómicas e provinciais, o próximo sábado 11 de decembro, Alberto Valverde será proclamado oficialmente como o candidato dos populares á alcaldía de Nigrán. O acto desenvolverase a partir das 21 horas no Hotel Miramar onde afiliados e achegados ao PP de Nigrán se reunirán para a tradicional cea de Nadal.
Nigrán premia ás realizadoras dos curtometraxes contra a violencia de xénero.
O pasado 25 de novembro, Dia Internacional Contra a Violencia de Xénero, o Concello de Nigrán fixo entrega dos premios as gañadoras do II Concurso de curtametraxes "Non a Violencia de Xénero"organizado a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información as Mulleres. As gañadoras deste segundo concurso foron Lucia San Zhang natural de Ourense no apartado de menores de 18 anos, e María Martinez Muñiz natural de Nigrán gañadora no apartado maior de 18 anos, levándose como premio un Notebook e Cámara de vídeo respectivamente.
Sorrí! Estámoste a filmar...
Rematou o tempo das trasnadas no anonimato. Nin facer pis á luz da lúa pasará inadvertido. Unha rede de cámaras de vídeo vixilancia estase a instalar nas principais rúas de Nigrán co obxectivo de amosar dende as violacións ás ordenanzas de tráfico, o control semafórico, ás desfeitas do mobiliarios públicos e privados, e coa intención de dotar de maior seguridade aos cidadáns.
O BNG Nigrán convoca xuntanza para informar sobre a lei de augas.
O BNG de Nigrán reúnese mañá, ás 20:30 na Casa da Cultura de Camos, con tódalas comunidades de augas e as asociación veciñais do municipio para informar sobre a nova lei de augas.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL