Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Sorrí! Estámoste a filmar...

Sorrí! Estámoste a filmar...

Correo-e Imprimir PDF
Cámara de video vixilancia na Ramallosa

Rematou o tempo das trasnadas no anonimato. Nin facer pis á luz da lúa pasará inadvertido. Unha rede de cámaras de vídeo vixilancia estase a instalar nas principais rúas de Nigrán co obxectivo de amosar dende as violacións ás ordenanzas de tráfico, o control semafórico, ás desfeitas do mobiliarios públicos e privados, e coa intención de dotar de maior seguridade aos cidadáns.

O "Grande Ollo" xa controla a rotonda da Ramallosa e a partir de agora os que evadan as normas de circulación poñerán a risco petos e puntos durante as 24 horas. O mesmo acontece na Rúa Manuel Lemos, onde un grupo de cámaras directamente conectadas as forzas de seguridade rexistran e gravan os accesos as salas de festas e discotecas da zona.

O Tenente de Alcalde Juan González Pérez sinalou que esta inversión pretende dar resposta aos moitos inconvenientes "que están sufrindo os veciños e veciñas de A Ramallosa polo aumento do vandalismo e polo tanto un paso máis de cara a mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns."

O sistema de control baseado nunha rede inarámica, tamén rexistrará cos mesmos obxectivos a Casa Consistorial, os accesos as Escolas Proval na Avenida Portugal, o Cruce de Panxón, a caseta de Turismo de Panxón, as Pistas Polideportivas e aparcamentos.

Con estas instalacións o Concello de Nigrán complementa un proxecto de Seguridade Viaria e Control do Tráfico de máis de 242.000 euros financiado polo Fondo Estatal de Inversión Local (Plan E). A primeira etapa pechou en outubro deste ano e consistiu na instalación de 185 sinais de tráfico, 20 espellos de seguridade e proximidade, 123 metros lineais de redutores de velocidade e 150 m2 de marcas viais, por un total de case 110.000 euros.

A segunda etapa que estase a desenvolver, suporá dispor de unha infraestrutura nova para control e seguridade vial, control de tráfico así como a instalación de rede inarámica WI-Fi en diferentes puntos do municipio. O monto a investir nesta ocasión é da case 123.000 euros.

Acceso Wi-Fi en lugares públicos.

O Centro da Terceira Idade de A Ramallosa, o edificio do Concello e as Pistas Polideportivas de Panxón onde se situarán as cámaras e as instalacións de Protección Civil de Panxón e Lourido, disporán de rede Wi-Fi (10/100 Mbps de 8-16 portos) a través de conexión ADSL, polo que serán espazos municipais de acceso libre a rede inarámbica, segundo informou Juan González Pérez. O concelleiro destacou tamén que esta obra permitirá que o Centro da Terceira Idade de A Ramallosa poida iniciar os seus cursos de informática e Internet de xeito estable a partir deste ano.