Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O “Big Brother” non funciona en Nigrán e o alcalde non atopa o software que dirixe as cámaras.

O “Big Brother” non funciona en Nigrán e o alcalde non atopa o software que dirixe as cámaras.

Correo-e Imprimir PDF
camarasramallosa
IMAG0001
IMAG00010
IMAG0005
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

-O sistema de vídeo vixilancia instalado en 2010 xera unha morea de acusacións entre as agrupacións municipais de Nigrán.

O sistema de vídeo-vixilancia espallado polo concello de Nigrán dende o 2010 non están en funcionamento a pesar de que a súa instalación tivo un custe de 115.882,86€ con cargo ao Plan E. O sistema inarámico debía permitir vixiar durante as 24 horas lugares estratéxicos do municipio como o entrono da discoteca situada na Ramallosa, a casa consistorial, cruces perigosos en varias estradas ademais da zona da costa. A obra foi executada durante o goberno de Efrén Juanes (PSOE) mais quedou pendente a súa activación dos permisos da Subdelegación provincial do goberno, segundo sinalan fontes socialistas. O actual alcalde Alberto Valverde (PP) afirma que no Concello non se atopa o software necesario para a súa posta en marcha e a policía local carece de información sobre o sistema. Pola súa banda, os socialistas din descoñecer que fixo o alcalde co "software" e aseguran que o proxecto contou co visto e prace do anterior xefe de policía de Nigrán.

Valverde asegura que o software non aparece e que a policía descoñece o sistema.

A polémica por este sistema se remonta a 2010, cando Alberto Valverde sendo memebro da oposición xa cuestionaba o proxecto por considerar que se instalaba “al margen de la Policía Local”. Agora como alcalde, Valverde asegura que informes da policía local “revelan un desconocimiento absoluto” deste sistema de vixiancia. Agrega que os devanditos documentos recoñecen a existencia dun ordenador no que fora o despacho do anterior concelleiro de Seguridade, Manuel Doldán, “aunque los técnicos informáticos municipales lo revisaron sin encontrar en él el menor signo del software que permita controlar y poner en funcioameitno el sitema de videovigilancia.”

Segundo Valverde, o único que queda do material achegado pola empresa concesionaria (Miras Novas Tecnoloxías S.L.), é un ordenador “inactivo” e mais un joystick para controlar as cámaras. A pesar disto, o rexedor afirma que “se aleja de la judicialización” do tema e que o denuncia publicamente porque é “lícito que nuestros vecinos conozcan la mala getión de gobierno anteriores”.

Socialistas aseguran que o ex-xefe de policía de Nigrán estaba ao tanto do proxecto de vixilancia.

A versión que achegan dende tendas socialistas é diferente. O portavoz Juan González asegura que Efrén Juanes mantiña reunións periódicas co ex xefe da policía local para axeitar o funcionamento da rede de vixilancia. Agrega que foi testemuña das probas feitas pola empresa responsable da instalación, na que se podían ver en dous monitores os cadrantes coas tomas das diversas cámaras. Agrega, que por riba, un dos ordenadores encargados de controlar o sistema atopábase no despacho do propio xefe da policía local.

Sempre segundo a versión do voceiro do PSOE, un segundo ordenador situado nun despacho que agora ocupan os vixiantes do Concello, tamén controlaba as cámaras. González asegura que o proxecto cumpría todas as normas legais, e só podían acceder persoas autorizadas cunha clave. Afirma que, por exemplo, sendo el Tenente de Alcalde do goberno non tiña tal acceso.

Finalmente, os socialistas piden a Alberto Valverde a que leve á “Fiscalía su búsqueda incesante del software y las cámaras del proyecto de vídeo vigilancia puesto en marcha por el anterior gobierno con el objetivo de aumentar la seguirdad de los vecinos y vencinas de Nigrán.

Para Fernández Comesaña o sistema é ilegal e foi adxudicado con reparos da Intervención.

Tamén o concelleiros Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) pronunciouse sobre o tema cualificando ao sistema de vixilancia de “ilegal”. Afirma que non dispón da correspondente autorización e viola a lei de Protección de Datos de carácter persoal. Asegura que o Concello pode ser sancionado cunha multa de entre 300 e 600 mil euros, e que xa formulou unha consulta no pleno de xoves pasado ao respecto.

O voceiro centrista, que tamén insta ao rexedor a que abra investigación e de conta á Fiscalía, agrega que a adxudicación da obra a Mira Novas Tecnoloxías S.L., foi mediante un decreto asinado por Juan González, actuando en calidade de alcalde en funcións. Así como que o expediente de contratación se levou a cabo polo procedemento de “negociado sen publicidade”. Trámite que contou, afirma “con múltiples reparos de legalidad, formulados por el Interventor municipal”.

Fernández Comesaña afirma que xa transmitiu a súa preocupación polo tema hai tres meses a Valverde, “pero hizo caso omiso”. O concelleiro entende que a xustiza debe “depurar responsabilidades”.