"O concelleiro de urbanismo Juan González deberá denunciar formalmente á Xunta de Galicia ou esta deberá tomar medidas contra el", sinalou o concelleiro popular Alberto Valverde. As reiteradas afirmacións de González sobre a ilegalidade das obras que o goberno autonómico está desenvolvendo na PO 325 motivaron a respostas do líder opositor ao goberno socialista de Nigrán
Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor
Nigrán: Alberto Valverde invita á Xunta de Galicia a tomar medidas contra Juan González.
Case 600 mil euros investirá o Concello de Nigrán para rematar a urbanización da Rúa San Roque.
A Mesa de Contratación do día 14 de xaneiro ven de adxudicar de xeito definitivo as obras de urbanización da Rúa San Roque de Camos á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Hidromiño e Movexvial. A obra ten un orzamento de 587.907,41€, segundo o informe do Concello de Nigrán. O concelleiro de Urbanismo Juan González valorou que “é unha vía de comunicación fundamental para o crecemento ordenado do Concello de Nigrán e fundamental para as comunicacións de este Concello unha vez o Parque Terciario de Porto do Molle inicie a súa actividade.”
Segundo o informe da Mesa, a UTE Hidromiño/Movexvial ofertou unha cantidade 54.829,48€ en melloras e 62.348,34€ en imprevistos co que a urbanización da Rúa San Roque de Camos “será unha realidade despois de ter pasado moitos gobernos e moitas promesas por Nigrán”, afirmou o concelleiro González.
Alberto Valverde reuniuse co persoal da Xunta pra asesorar aos veciños de Nigrán das obras da PO-325

O concelleiro Alberto Valverde (PP) ofreceuse a asesorar persoalmente calquera veciño que necesite información sobre a afectación das obras da Carreteira pola Vía, no concello de Nigrán. O candidato á Alcaldía polos populares, reuniuse co José Luís Díez, xefe territorial en Pontevedra da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co fin de analizar a situación das obras da PO-325. Valverde informou que pediu á administración autonómica as máximas facilidades aos afectados nos procesos de expropiación que comezan na vindeira semana.
12 abastecedores de carga facilitarán a utilización de vehículos eléctricos en Porto do Molle.
A rede de carga de vehículos eléctricos nos aparcadoiros das naves bioclimáticas de Porto do Molle terán capacidade para 3 vehículos simultaneamente en cada unha das catro edificacións. Ante a previsión no aumento da utilización de vehículos eléctricos a instalación prepararase para permitir a carga simultánea de 6 vehículos en cada unha das edificacións, anuncio hoxe o Concello de Nigrán.
O Concello de Nigrán executa obras de urbanización no Barrio de Sancho en Panxón.
Un conxunto de obras como o soterramento de liñas , a recollida e realización de sumidoiros para pluviais e aproveitamento de espazos para a ampliación de estradas estanse a facer no Barrio de Sancho en Panxón, comunicou hoxe a Concellería de Vías e Obras de Nigrán. Os traballos inclúen o asfaltado das rúas Subida á Pateira e Camiño Costa da Barxa, nun programa proposto polo Concello de Nigrán e financiado pola Deputación de Pontevedra.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL