Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán: Alberto Valverde invita á Xunta de Galicia a tomar medidas contra Juan González.

Nigrán: Alberto Valverde invita á Xunta de Galicia a tomar medidas contra Juan González.

Correo-e Imprimir PDF
Acto-presentacin-Alberto-Valverde

"O concelleiro de urbanismo Juan González deberá denunciar formalmente á Xunta de Galicia ou esta deberá tomar medidas contra el", sinalou o concelleiro popular Alberto Valverde. As reiteradas afirmacións de González sobre a ilegalidade das obras que o goberno autonómico está desenvolvendo na PO 325 motivaron a respostas do líder opositor ao goberno socialista de Nigrán

O enfrontamento sobre a situación formal das obras de reordenación e seguridade na PO 325, se remontan ao 17 de decembro pasado cando González afirmou a valminor.info que o Concello de Nigrán non tiña o proxecto das obras. Inmediatamente dende filas populares chegou á redación unha copia do documento emitido pola Xunta e con rexistro de entrada 28-09-2010 no Concello de Nigrán, onde consta o envío dunha “copia en formato dixital do proxecto nº1 refundido de Seguridade Viaria na PO 325, ademais dunha copia en formato papel da planta xeral do proxecto”.

A polémica chegou a outros medios de prensa, agora segundo Valverde, coa versión por parte de González da inexistencia de proxecto por parte da administración autonómica. “Tendo en conta a gravidade e a reiteración das acusacións debe ser González quen demostre o que está a dicir “, reclamou o portavoz popular. Valverde fixo tamén unha “invitación” á Xunta de Galicia a “tomar medidas ante o comportamento de González, unha actitude que non pode quedar impune”,afirmou.