Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Expropiacións e polémicas pola PO 325 en Nigrán.

Expropiacións e polémicas pola PO 325 en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
nigran_vista_panoramica

O Concello de Nigrán informa que ten exposto no taboleiro de anuncios da casa consistorial a relación de titulares afectados polas expropiacións da obra da PO 325, Estrada pola Vía, e a convocatoria dos mesmos co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación para os días 18, 19, 20, 21, 24, 25 e 26 de xaneiro de 2011 no Salón de Plenos da Casa do Concello. Segundo o comunicado da Alcaldía, a orde provén dun escrito asinado polo xefe do Servizo de Infraestruturas en Pontevedra no que solicita “se de publicidade no taboleiro de anuncios o levantamento de actas previas á ocupación, declaradas de urxencia, dos bens e dereitos de fincas de ese termo municipal afectados pola execución das obras do Proxecto citado”.

Polémica entre o Concello e a Xunta polas características das obras.

Pola súa banda o Concelleiro de Urbanismo de Nigrán Juan González dixo que a PO 325 o estrada Pola Vía “nin serve como estrada polo estreito da súa calzada e agora si que será un vial perigoso no que peóns e vehículos compartirán un espazo moi reducido de vía”, nun comunicado emitido hoxe pola mañá. O edil informa que a estrada gañará só un metro de paseo e reducirá na mesma cantidade o ancho da calzada. “E para colmo as bicicletas xa non teñen sitio en esta importante vía de comunicación “, agrega.

O investimento da obra rolda os trinta millóns de euros, afirma o concelleiro, pero agrega que “non modifica nin mellora a baixada a Praia de Patos (Costa da Barxa) tal como xa se tiña negociado dende o Concello coa anterior Consellería co grave perxuicio para os veciños de aquel entorno”. A intervención da Xunta “só urbanizará o treito entre o cruce da rúa Rans e o cruce da rúa Francisca Lago”, isto asegura González “debido a presión realizada dende o Concello de Nigrán”. “A posibilidade de que a PO-325 sexa unha estrada que una Nigrán con Vigo pasará á historia” rematou .

Nigrán insiste en que non dispor do proxecto final das obras.

Ao mesmo tempo, González denuncia que a pesar de que “leva xa meses en obras” o Concello de Nigrán “segue sen dispor do proxecto final da mesma a pesar das moitas promesas feitas dende a Xunta de Galicia e directamente a Directora Xeral, Ethel Vázquez, en diversas reunións co Alcalde Efrén Juanes ao que lle transmitiu a aprobación provisional pero que se está pendente da aprobación definitiva de ditas obras e polo tanto a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas segue sen remitir o Proxecto definitivo da mellora da seguridade viaria da estrada PO-325”