Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE presentou no parlamento unha nova enquisa sobre a documentación do proxecto da PO-325

O PSOE presentou no parlamento unha nova enquisa sobre a documentación do proxecto da PO-325

Correo-e Imprimir PDF
nigran_vista_panoramica

As disputas entre socialistas e populares sobre a existencia ou non de información precisa sobor o desenvolvemento do proxecto de mellora da seguridade viaria da estrada PO-325 no Concello de Nigrán chegou ao parlamento galego. Os deputados socialistas presentaron unha enquisa á Mesa do Parlamento onde logo de cuestionar as modificación realizadas pola actual administración ao proxecto orixinal feito polo bipartito, preguntan en que data e baixo que soporte foron informados os diferentes concellos afectados por esta actuación.

Os deputados Pablo Xabier López, José Manuel Gallego e María José Caride do grupo parlamentario do PSOE preguntaron tamén polo estado actual das obras na PO-325, tamén coñecida como Carreteira pola Vía, así como a tramitación administrativa dos diferentes proxectos e os seu correspondentes modificados.

A polémica naceu cando o concelleiro de urbanismo de Nigrán Juan González, declarou a Valminor.info non ter máis información do proxecto do que chegaba polos medios, o pasado 17 de decembro. Poucos días despois o portavoz do PP Alberto Valverde achegaba unha nota asinada pola directora de Infraestruturas Ethel María Vázquez Mourelle, onde informa ao Alcalde Efrén Juanes que "Tal e como me solicitaches telefonicamente, remito copia en formato dixital do proxecto nº1 refundido de Seguridade Viaria na PO 325, ademais dunha copia en formato papel de planta xeral do proxecto ", con data de rexistro no Concello do 27 de setembro de 2010.

A partir dese momento socialistas e populares elevaron o ton do debate e agora será a Mesa do Parlamento a que deberá achegar a Comisión encargada do proxecto da PO-325 as enquisas presentadas. O grupo parlamentario socialistas tamén preguntou cales foron as razóns e os motivos que levaron á Consellaría responsable da seguridade viaria a modificar o proxecto do bipartito na súa totalidade, e cal é o investimento previsto e os prazos para o remate das obras.