Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Volve o carril bici? O Concello de Nigrán non ten o proxecto de intervención da Xunta na PO 325.

Volve o carril bici? O Concello de Nigrán non ten o proxecto de intervención da Xunta na PO 325.

Correo-e Imprimir PDF
carril_bici_cartel

A incerteza da instalación do polémico carril bici en Nigrán a través das obras que a Xunta de Galicia ten a facer na PO 325, leva a que moitos veciños directamente afectados polas obras, ou interesados nos efectos das mesmas se dirixan ao Concello en busca de informacións. A sorpresa é maiúscula cando a administración local responde que non ten idea do que a Xunta vai facer, pois non contan cun mapa ni descrición algunha do proxecto a executar.

A testemuña dos veciños foi confirmada polo concelleiro de Urbanismo de Nigrán, Juan González, quen agregou que o único comunicado que recibiron da administración autonómica, é un pedido para utilizar o salón de plenos nunha xuntanza a mediados de xaneiro cos veciños cuxos terreos serán en parte expropiados para a realización das obras.

O certo e que o goberno de Nigrán no ten máis información ca obtida polos medios de prensa e o propio comunicado público de 15 de decembro da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, onde se advirte da construción dalgúns pasaxes e beirarrúas con destino peonil e para bicicletas.