Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Fernández Comesaña cualifica como unha "trampa mortal" as reformas da Estrada pola Vía

Fernández Comesaña cualifica como unha "trampa mortal" as reformas da Estrada pola Vía

Correo-e Imprimir PDF
estrada-pola-via

"A mala sinalización e a redución da calzada da Estrada pola Vía (PO-325) pon en perigo a circulación peonil e dos vehículos". Así o denunciou publicamente o concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL), quen alertou do "peligroso que resulta circular" polo veiro dende que os seus carrís foron estreitados a 3 metros para acoller o mal chamado carril bici.

O concelleiro do grupo mixto tamén salientou a situación de catro cruces onde o pintado de liñas continuas impide o xiro e adiantamento de vehículos, pese a trátase de interseccións con "sobrada visibilidad" ao seu entender. Nese senso mencionou o malestar dos veciños que circulan polos accesos desde a Rúa Área Alta, o Camiño dos Lagos, Rúa Barreira e Patos.

Fernández Comesaña opinou que dubida que esta estrada interurbana cumpra cos requisitos mínimos establecidos pola lei de seguridade vial, dende que as orixinais rodaxes de 8 e 6 metros pasouse a carrís de 3 metros. Agregou que o viario pode converterse nunha "trampa mortal", pois circulan por el vehículos pesados e autobuses e o seu actual deseño parece máis ben "una vía urbana para uso exclusivo de turismos".

O concelleiro de UCN-CDL instou no pasado pleno ao alcalde Alberto Valverde a tomar medidas "ya que el citado carril bici se está convirtiendo en aparcamiento de vehículos, especialmente los fines de semana, impidiendo el paso no solo de ciclistas sino también de peatones". Fernández Comesaña, esixiu ao rexedor que pida a Xunta de Galicia que corrixa as deficiencias a fin de evitar que "se produzcan desgracias personales", afirmou.