Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Alberto Valverde: O carril bici non se vai facer na PO 325

Alberto Valverde: O carril bici non se vai facer na PO 325

Correo-e Imprimir PDF
documento-carribici

"Non é verdade que o Concello de Nigrán non teña información das obras que realiza a Xunta na PO 325", afirmou o concelleiro Alberto Valverde (PP) logo da publicación da nota sobre a posibilidade de que se estivera a facer o polémico carri bici. No devandito artigo, o concelleiro Juan González (PSOE) afirmaba que o Concello non ten información das obras e por iso non pode aclarar as dúbidas dos veciños. Valverde aportou copia da nota dirixida pola Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ao alcalde Efrén Juanes co asunto "Refundido de Seguridade Viaria na PO 325.

A nota, asinada pola directora de Infraestruturas Ethel María Vázquez Mourelle, informa a Juanes que "Tal e como me solicitaches telefonicamente, remito copia en formato dixital do proxecto nº1 refundido de Seguridade Viaria na PO 325, ademais dunha copia en formato papel de planta xeral do proxecto. "

Pola súa banda, Alberto Valverde aclarou que o proxecto de seguridade viaria da PO 325 non aborda a posibilidade do carril bici, xa que a proposta foi rexeitada xustamente por un tema de seguridade. O portavoz popular afirmou que o lóxico é que os espazos para bicicletas se realicen sobre os paseos na zona de praias onde a xente efectivamente concorre a tal fin.