Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán executa obras de urbanización no Barrio de Sancho en Panxón.

O Concello de Nigrán executa obras de urbanización no Barrio de Sancho en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
obra_sancho__panxon

Un conxunto de obras como o soterramento de liñas , a recollida e realización de sumidoiros para pluviais e aproveitamento de espazos para a ampliación de estradas estanse a facer no Barrio de Sancho en Panxón, comunicou hoxe a Concellería de Vías e Obras de Nigrán. Os traballos inclúen o asfaltado das rúas Subida á Pateira e Camiño Costa da Barxa, nun programa proposto polo Concello de Nigrán e financiado pola Deputación de Pontevedra.

A intersección das rúas Subida á Pateira e Camiño Costa da Barxa será obxecto dunha ampliación para mellorar a circulación de vehículos, informou o concelleiro de Vías e Obras Cándido Costas Fernández. Para este fin aproveitáronse cesións de terreos que” levaban anos sen urbanizar”, agregou.

Cándido Costas, Manuel Doldán, Concelleiro de Tráfico e Deportes e o Tenente Alcalde de Nigrán, Juan A. González Pérez, fixeron un seguimento das obras . Segundo o informado polos responsables do Concello, esta urbanización ademais da ampliación da estrada os traballos comprenden a subterranización de todo o cableado existente, a renovación das redes de saneamento, así como a subterranización da recollida da augas pluviais.

Cándido Costas afirmou que esta é unha importante obra que tamén realizará a “humanización e urbanización da Praza de Sancho”. O concelleiro entende que desta forma o Concello de Nigrán non só “busca mellorar a calidade de vida dos nosos veciños senón ordenar e humanizar espazos públicos municipais, en este caso o Barrio de Sancho en Panxón, e modernizar as dotacións de infraestruturas.