Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O BNG de Nigrán arranca a súa campaña 2011 nas rúas e nas redes.

Correo-e Imprimir PDF
BNG_Nigran

O equipo nacionalista encabezado pola candidata a alcaldesa Cristina Fernández Piñeiro presentou a enquisa cidadá “Que Nigrán queremos?”, que terá por obxectivo sentar as bases do programa electoral 2011. A lista de candidatos que acompañará a Cristina Fernández na próxima contenda electoral estará integrada por Xavier Rodríguez Fernández, Eduardo Méndez Quintas, Pilar Barreiro Vilas e mais Carmen Piñeiro Martínez.

As cinzas de Don Francisco "Paco" Fernández del Riego descansan en A Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

cemiterioNunha sinxela homenaxe e acompañado polos seus familiares, amigos, concelleiros de Nigrán, membros do Instituto de Estudos Miñoranos e veciños, foron depositadas as cinzas de Don Francisco "Paco" Fernández del Riego no cemiterio de San Pedro da Ramallosa.

As cinzas de Don Paco del Riego serán depositadas en San Pedro da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
Paco del RiegoHoxe, ás 17 horas, as cinzas de Francisco Fernández del Riego serán depositadas no cemiterio de San Pedro da Ramallosa. Os familiares e achegados serán acompañados polas autoridades dos concellos de Vigo e Nigrán, a Fundación Penzol, a Biblioteca Museo Francisco Fernández del Riego, e o Instituto de Estudos Miñoranos. O acto é público para todos os que desexen asistir.

Nigrán achega o 95% en cobertura de saneamento

Correo-e Imprimir PDF

O 95% dos habitantes de Nigrán teñen acceso á rede de saneamento logo de finalizadas as obras de recollida de augas residuais e abastecemento de auga en varias rúas do concello. O anuncio foi realizado polo concelleiro Juan González, quen sostivo que estes traballos eran "unha premisa totalmente imprescindible" para seguir “apostando polo desenvolvemento sostible do Concello de Nigrán. "

Tres días de loito oficial en Nigrán e homenaxe da Xunta de Galicia a Francisco Fernández del Riego

Correo-e Imprimir PDF

fernandez_riegoO Concello de Nigrán decretou tres días de loito oficial polo falecemento de Francisco Fernández del Riego, dende hoxe ata o próximo mércores. Durante estos tres días as bandeiras do concello permanecerán a media hasta.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL