Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán As cinzas de Don Francisco "Paco" Fernández del Riego descansan en A Ramallosa

As cinzas de Don Francisco "Paco" Fernández del Riego descansan en A Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
cemiterio

Nunha sinxela homenaxe e acompañado polos seus familiares, amigos, concelleiros de Nigrán, membros do Instituto de Estudos Miñoranos e veciños, foron depositadas as cinzas de Don Francisco "Paco" Fernández del Riego no cemiterio de San Pedro da Ramallosa.

No acto e logo dun breve responso, fixo uso da palabra Alfonso Zuloeta de Az que despidiu ao seu amigo. A gaita de Carlos Núñez interpretou unha peza tradicional e finalmente o público entoou espontaneamente o Himno Galego.