Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O BNG de Nigrán arranca a súa campaña 2011 nas rúas e nas redes.

O BNG de Nigrán arranca a súa campaña 2011 nas rúas e nas redes.

Correo-e Imprimir PDF
BNG_Nigran

O equipo nacionalista encabezado pola candidata a alcaldesa Cristina Fernández Piñeiro presentou a enquisa cidadá “Que Nigrán queremos?”, que terá por obxectivo sentar as bases do programa electoral 2011. A lista de candidatos que acompañará a Cristina Fernández na próxima contenda electoral estará integrada por Xavier Rodríguez Fernández, Eduardo Méndez Quintas, Pilar Barreiro Vilas e mais Carmen Piñeiro Martínez.

 

A campaña nas rúas.

 

Co fin de obter unha mostra representativa das demandas da cidadanía, está previsto que se cubran entre 300 e 500 enquisas á población adulta durante o Nadal. As mesmas realizaránse en espazos públicos (como o realizado no día de onte fronte ao Concello de Nigrán) e percorrendo as diferentes parroquias. Os candidatos e a militancia do BNG serán os encargados de facelas.

 

As preguntas fan referencia ao transporte público, a asistencia sanitaria, ao abastecemento de auga, as actividades culturais e deportivas, á limpeza e mantemento de estradas, camiños e parques, as vivendas de protección oficial, etc. Ao longo de xaneiro estarán dispoñibles os resultados, que se darán a coñecer publicamente.

 

Cristina Fernández informou que o equipo redactor do programa 2011, integrado por militantes que xa veñen trabajando nas comisións de Cultura – Educación, Sanitaria e Urbanismo, serán os encargados de plasmar as inquedanzas ciudadás no programa.

 

A campaña nas redes.

 

A campaña cidadá arranca tamén coa presentación do blog do BNG http://quenigranqueremos.blogaliza.org. Este espazo web permitirá aos nigranenses seguir os acontecimientos da campaña, informase das novas do concello e participar nos foros de opinión, así como os resultados do enquerito. O BNG de Nigrán tamén ten un perfil na rede Facebook e o correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , atoparase aberto a todo aquel que desexe opinar.