Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O BNG asegura que o pacto PSOE – PP incrementa a participación na enquisa Que Nigrán queremos?

O BNG asegura que o pacto PSOE – PP incrementa a participación na enquisa Que Nigrán queremos?

Correo-e Imprimir PDF
cristinafernandezenquisa
nenosdebuxandobng
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O BNG de Nigrán prosigue os seus traballos de enquisa nas rúas e anuncia que xa está preto de acadar as 500 proxectadas a tan só 18 días do seu lanzamento. Os nacionalistas aseguran que o volume de enquisas recibidas veuse aumentada trala sinatura do pacto PSOE – PP en materia do plan de urbanismo e o pagamento de débedas da anterior xestión popular do municipio.

A campaña electoral do BNG comezou o 1 de decembro coa enquisa “Que Nigrán queremos?”, onde os nacionalistas percorren Nigrán buscando a opinión dos cidadáns sobre diversos puntos de interese municipal. O estudo desas demandas será a base do programa de goberno que defenderá Cristina Fernández e mais o seu equipo na campaña electoral.

O sábado ao mediodía dúas mesas colocadas estratexicamente no paseo marítimo de Panxón e fronte á Piscina da Mancomunidade na Ramallosa, permitiron a dirixentes e militantes nacionalistas formular a enquisa directamente aos viandantes. Tamén os rapaces puideron expresarse a través duns paneis onde debuxaron o escribiron aquilo quelle piden aos futuros representantes municipais.

A enquisa pode consultarse no blog http://quenigranqueremos.blogaliza.org.