Sábado, 12 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Para o BNG o pacto PP - PSOE non defende aos veciños de Nigrán.

Para o BNG o pacto PP - PSOE non defende aos veciños de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Cristina-Fernandez-e-Xavier-Rodriguez

O BNG de Nigrán acusa ao PSOE de “non querer molestar os intereses urbanísticos dos populares de Santiago” e dar un “cheque en branco” ao PP de Nigrán para que pague as débedas que deixou cando gobernou o municipio, todo a cambio dunha présa pola aprobación inicial do PXOM. Os nacionalistas reafirmaron que son unha alternativa necesaria e imprescindible de cara ás elección de 2011, nun concello onde os grupos maioritarios pactan a prol de “intereses escuros”.

 

Xavier Rodríguez Fernández, membro da mesa local do BNG, dixo que “os partidos son libres de pactar con quen queren”, aludindo ao anunciado a fin de semana pasada por socialistas e populares. “O que ao BNG lle preocupa é que se pacta e con que consecuencias para os cidadáns”, agregou. O candidato número dous do BNG interpreta que este pacto permite ao PP pagar as débedas que deixou no municipio despois dunha“nefastas e ata escura” xestión municipal, o fai antes das eleccións e como contra prestación lle asegura aos socialistas sacar adiante unha aprobación inicial do PXOM antes do fin da lexislatura.

 

O PSOE fai un pacto onde “deixa de defender os intereses dos veciños de Nigrán”, afirmou Cristina Fernández Piñeiro, candidata a alcaldesa do BNG. Agregou que é suxestivo que dende que se pactou o PXOM, o PSOE de Nigrán non di “absolutamente nada sobre o Plan do Litoral. Se ve que non quere molestar os intereses especulativos do PP en Santiago” referidos a urbanismo do litoral de Nigrán. Cristina Fernández afirmou que o silencio tamén abarca temas como o canon da auga, e o terreo que o municipio terá que ceder para un centro de saúde en Nigrán que a Xunta de Galicia vai privatizar.

 

Os nacionalistas entenden que todo isto entra nun saco onde a única contrapartida é acelerar un PXOM do que non se sabe si conten as achegas feitas polo Consello Asesor onde participaron tódalas forzas vivas de Nigrán. Por outra banda, Fernández entende que se debería esperar a nova integración do pleno municipal logo das municipais 2011, para a súa aprobación.