Mañá luns o equipo de concelleiros do Partido Popular recibirá do equipo de goberno municipal o borrador do orzamento que rexirá o periodo final de Efrén Juanes e o inicio do próximo rexedor. O obxectivo dos socialista é deixar todo preparado para a súa aprobación no pleno de xaneiro, e para iso os votos do PP son fundamentais segundo o goberno.O proposta partiu do propio alcalde nunha reunión privada entre os grupos o pasado sábado pola mañá.
Segundo o adelantado polo alcalde Efrén Juanes, será un orzamento que continuará a línea de saneamento económico das contas do concello iniciado en 2007 en conxunto co PP e que os manterá ligados nesta línea hasta o ano 2015. Sen dar máis detalles, o rexedor manifestou confianza na capacidade de diálogo de ambos os dous partidos “os únicos que poden gobernar Nigrán”.
Unha foto de Nadal
O venres pola tarde Valminor.info adiantaba una serie de medidas conxuntas que o PP e o PSOE pactaran de cara aos próximos meses. Entre ellas destacaba o recoñecemento extraxudicial de crédito por 292.377 euros a solicitar no próximo pleno ordinario do mércores 22 de decembro, co fin de atendar ás demandas de autónomos e empresarios que traballaron para o municipio entre 2006 e 2010, e que agora reclaman os cartos polos servizos prestados. Por outra banda, tanto populares como socialistas quixeron subliñar a súa capacidade de acordos por enriba de diferenzas partidarias nos temas centrais do municipio.