Domingo, 5 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán Saúde e transporte público son os servizos municipais que máis preocupan aos veciños de Nigrán.

Saúde e transporte público son os servizos municipais que máis preocupan aos veciños de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Cristina Fernández enquisa unha viandante durante a campaña

Sanidade pública, transporte público e mais a limpeza de estadas e praias son os temas que mais preocupan aos veciños de Nigrán, segundo os resultados da enquisa do BNG “Que Nigrán queremos?” . Os resultados deste traballo desenvolvido polos militantes nacionalistas serán os piares do seu programa municipal para as vindeiras eleccións de maio, segundo o adiantado pola agrupación. As 428 enquisas recollidas nas rúas e a través da Internet tamén expresan a preocupación da veciñanza polo abastecemento de auga, as actividades culturais e deportivas, as vivendas de protección oficial e o medioambiente.

O interese pola situación da sanidade pública acadou un 14% das respostas, mentres que o transporte público un 11% das mesmas. “Precisamente, estes dous primeiros resultados coinciden co anuncio da Xunta de que privatizará o futuro centro de saúde de Panxón e coa supresión do Noitebús, moi utilizado pola mocidade” opinan dende o BNG. “Ambos aspectos van claramente en detrimento da calidade dos servizos do municipio e así o expresaron os seus residentes”, agregan.

As 428 enquisas recollidas por tódala bisbarra “supón unha porcentaxe estatisticamente representativa da poboación adulta do municipio”, informan dende o bloque. Por iso tal como adiantaran os nacionalistas ao comezo da campaña, “sobre estes aspectos e os restantes temas priorizados no enquérito, BNG de Nigrán constituíu cinco grupos de traballo que van ser os encargados de elaborar o programa electoral da vindeiras eleccións municipais de maio.”