Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O PP de Nigrán denuncia desfeitas logo de rematadas as actuacións do Plan E 2.

Correo-e Imprimir PDF

obras_sen_rematarO PP de Nigrán denuncia o mal estado en que quedaron varios viais e rúas municipais nos que se realizaron actuacións de abastecemento e saneamento por parte do Concello con fondos do Plan E 2. Aseguran os populares que se ben as obras se dan por concluídas, rúas e camiños como Lameira, Monte Castelo e Panca entre outras, se deixaron a medias, sen repoñer os seus asfaltados e con arquetas elevadas.

O Concello de Nigrán pide a desafección do local escolar “Escola de Balinfra”.

Correo-e Imprimir PDF

escola_de_balinfraO Concello de Nigrán leva ao próximo Pleno Ordinario a petición de desafección do local escolar “Escola de Balinfra”, en Camos para adicalo a actividades socio-culturais. O muncipio expresa que dende este curso escolar non está destinado a uso docente “debido aos recortes en eduación realizados pola Xunta de Galicia”. A solicitud, de ser aprobada polo Pleno será elevada á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Nigrán en obras e debates.

Correo-e Imprimir PDF

nigran_obrasAchéganse tempos de eleccións municipais e as obras públicas son algo máis que servizos, tamén comunican o debe e o haber que en materia de investimentos acometeron as administracións. No caso de Nigrán o Concello anuncia a culminación do saneamento na Rúa da Cova (Priegue), ademais do inicio de obras de humanización e asfaltado na Rúa San Roque (Camos), Rúa do Lavadoiro (Priegue),Camiño dás Buxías (Panxón) e Camiño dá Gándara, dende A Carrasca a San Pedro de A Ramallosa, a través de senllos convenios co goberno nacional e o autonómico. Ao mesmo tempo, dende o Partido Popular acúsase a Efrén Juanes de non cumprir as promesas realizadas aos veciños e de confundir a opinión pública dicindo que os populares non apoian obras como a de San Roque, cando consta en actas do pleno municipal que iso non é así.

Os restos do concelleiro Joaquín Iglesias retornan a Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

joaquiniglesiasportelaOs restos de Joaquín Iglesias Portela, concelleiro electo durante a Repúbica Española asasinado no outono de 1936, serán entregados á súa familia nun acto homenaxe que terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Nigrán o próximo sábado 27 de novembro ás 12 horas. No mesmo acto recibiranse os restos dun home deste municipio paseado tamén con Joaquín Iglesias pero do que se descoñece o seu nome e cuxos restos serán trasladados o cimiterio civil municipal do Cean en Nigrán.

Nigrán: Concurso de debuxos "Nigrán Limpo".

Correo-e Imprimir PDF
Concurso debuxo Nigrán LimpoO Concello de Nigrán en colaboración coa CESPA organizan o concurso de debuxos Nigrán Limpo, para cativos de 7 a 12 anos. O obxectivo do certame é que os nenos aporten a súa creatividade na confesión de carteis que o concello utilizará nas campañas de concientización da necesidade de manter limpo os espazos públicos.

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL