Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP de Nigrán denuncia desfeitas logo de rematadas as actuacións do Plan E 2.

O PP de Nigrán denuncia desfeitas logo de rematadas as actuacións do Plan E 2.

Correo-e Imprimir PDF
obras_sen_rematar

O PP de Nigrán denuncia o mal estado en que quedaron varios viais e rúas municipais nos que se realizaron actuacións de abastecemento e saneamento por parte do Concello con fondos do Plan E 2. Aseguran os populares que se ben as obras se dan por concluídas, rúas e camiños como Lameira, Monte Castelo e Panca entre outras, se deixaron a medias, sen repoñer os seus asfaltados e con arquetas elevadas.

Alberto Valverde, voceiro do grupo, concorreu ás mencionadas rúas onde comprobou persoalmente o estado destas e asegurou que constitúen auténticos “lamizales” tras as últimas chuvias, cos conseguintes prexuízos para as persoas que deben transitalas.

Tras responsabilizar ó goberno municipal da deficiente xestión das actuacións financiadas por fondos das distintas administracións, esixiu a través dun comunicado a inmediata reposición e mellora deses viais.