Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán achega o 95% en cobertura de saneamento

Nigrán achega o 95% en cobertura de saneamento

Correo-e Imprimir PDF

O 95% dos habitantes de Nigrán teñen acceso á rede de saneamento logo de finalizadas as obras de recollida de augas residuais e abastecemento de auga en varias rúas do concello. O anuncio foi realizado polo concelleiro Juan González, quen sostivo que estes traballos eran "unha premisa totalmente imprescindible" para seguir “apostando polo desenvolvemento sostible do Concello de Nigrán. "

 

A través de convenios foise instalando esta rede que agora brinda cobertura ás rúas Nogueira, Pombal, Cea, Salgueiral, Torriña, Caruñas, Monte Castelo, Panca, Lameira, O Solgo, Pazos, Reboreda, Cova, Navás e Santiago de Parada.

 

O goberno asegura que "agora e unha vez rematadas as obras" de saneamento comezará o levantamento de arquetas e a reposición de asfaltados nos devanditos viais para " o que é imprescindible ter rematadas en toda lóxica, as obras de recollida de augas residuais. " Afirmacións que aluden seguramente ás denuncias formuladas polo voceiro popular Alberto Valverde sobre a situación na que se encontraban varios destes viais.

 

Obras do Plan E a finalizar.

 

Seguen en obras de saneamento as rúas Volta do Médico, ponte Muiña, A Barxa, e A Gándara. Todas elas deberán estar rematadas ao 31 de decembro como estipula o convenio do Plan E, que as financia.