Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán pide a desafección do local escolar “Escola de Balinfra”.

O Concello de Nigrán pide a desafección do local escolar “Escola de Balinfra”.

Correo-e Imprimir PDF
escola_de_balinfra

O Concello de Nigrán leva ao próximo Pleno Ordinario a petición de desafección do local escolar “Escola de Balinfra”, en Camos para adicalo a actividades socio-culturais. O muncipio expresa que dende este curso escolar non está destinado a uso docente “debido aos recortes en eduación realizados pola Xunta de Galicia”. A solicitud, de ser aprobada polo Pleno será elevada á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Trátase de dúas grandes aulas que componen unha unidade escolar que se atopan en bo estado, segundo a administración. As mesmas están pechadas dende xuño de 2010 e se teme polo seu deterioro. A petición de desafección irá acompañada no futuro de “propostas que este goberno está xa barallando co fin de dotar á parroquia de Camos e ao Concello de Nigrán dun novo espazo público e cultural”, afirma o municipio.