Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Expropiacións e polémicas pola PO 325 en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

nigran_vista_panoramicaO Concello de Nigrán informa que ten exposto no taboleiro de anuncios da casa consistorial a relación de titulares afectados polas expropiacións da obra da PO 325, Estrada pola Vía, e a convocatoria dos mesmos co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación para os días 18, 19, 20, 21, 24, 25 e 26 de xaneiro de 2011 no Salón de Plenos da Casa do Concello. Segundo o comunicado da Alcaldía, a orde provén dun escrito asinado polo xefe do Servizo de Infraestruturas en Pontevedra no que solicita “se de publicidade no taboleiro de anuncios o levantamento de actas previas á ocupación, declaradas de urxencia, dos bens e dereitos de fincas de ese termo municipal afectados pola execución das obras do Proxecto citado”.

UCN votou o recoñecemento extraxudicial de crédito pero rexeita a actitude "incoherente" do PP.

Correo-e Imprimir PDF

Antonio Fernández Comesaña (UCN) contribuíu con seu voto á aprobación da moción dun recoñecemento extraxudicial de crédito por máis de 261 mil euros impulsada polo pacto PSOE-PP. Igualmente, o concelleiro independente criticou" la falta de rigor y lo absurdo de la posición" dos populares por denegar o pago de 11 mil euros de débedas contraídas polo ex rexedor popular de Nigrán Alfredo Rodríguez.

Alberto Valverde: O carril bici non se vai facer na PO 325

Correo-e Imprimir PDF

documento-carribici"Non é verdade que o Concello de Nigrán non teña información das obras que realiza a Xunta na PO 325", afirmou o concelleiro Alberto Valverde (PP) logo da publicación da nota sobre a posibilidade de que se estivera a facer o polémico carri bici. No devandito artigo, o concelleiro Juan González (PSOE) afirmaba que o Concello non ten información das obras e por iso non pode aclarar as dúbidas dos veciños. Valverde aportou copia da nota dirixida pola Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ao alcalde Efrén Juanes co asunto "Refundido de Seguridade Viaria na PO 325.

A nota, asinada pola directora de Infraestruturas Ethel María Vázquez Mourelle, informa a Juanes que "Tal e como me solicitaches telefonicamente, remito copia en formato dixital do proxecto nº1 refundido de Seguridade Viaria na PO 325, ademais dunha copia en formato papel de planta xeral do proxecto. "

Excluídas do pagamento as facturas xeradas por concelleiros nacionalistas e de UCN

Correo-e Imprimir PDF

euros-billetesFacturas xeradas polos concelleiros nacionalistas Xosé Lois Gutiérrez e David Giraldéz (ex-BNG) e polo concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN) cando tiñan responsabilidades de goberno foron excluídas da lista de facturas a pagar coa solicitude extraxudicial de crédito que será aprobada mañá mércores no pleno de Nigrán. A partida que beneficiará a 37 provedores, foi promovida no marco dos acordos celebrados entre o PSOE e o Partido Popular. Segundo o portavoz popular Alberto Valverde as facturas excluídas tiñan reparos feitos polo Interventor municipal .

O goberno de Nigrán quere manter viva a memoria do concelleiro Joaquín Iglesias Portela.

Correo-e Imprimir PDF

plaza-joaquin-iglesias-2O equipo de goberno levará ao próximo pleno do 22 de decembro unha moción para designar ao espazo público do cruce dos camiños da Cabreira e Manuel Misa, na Ramallosa como “Praza Joaquín Iglesias Portela. O concelleiro republicano foi unha das primeiras vítimas da persecución franquista, asasinado poucos días despois do golpe de Estado do 1936 na estrada da Guarda a Baiona, á altura de San Xián, lugar da parroquia do Rosal. Neste Rexistro Civil nunca foi asentada a súa defunción.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL