Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán 12 abastecedores de carga facilitarán a utilización de vehículos eléctricos en Porto do Molle.

12 abastecedores de carga facilitarán a utilización de vehículos eléctricos en Porto do Molle.

Correo-e Imprimir PDF
porto-de-molle

A rede de carga de vehículos eléctricos nos aparcadoiros das naves bioclimáticas de Porto do Molle terán capacidade para 3 vehículos simultaneamente en cada unha das catro edificacións. Ante a previsión no aumento da utilización de vehículos eléctricos a instalación prepararase para permitir a carga simultánea de 6 vehículos en cada unha das edificacións, anuncio hoxe o Concello de Nigrán.

Segundo a información do municipio o Consorcio da Zona Franca de Vigo con data 13 de decembro de 2010 convocou a licitación pública para a contratación do abastecemento e instalación de rede de carga de vehículos eléctricos. Os mesmos estarán nos aparcamentos das naves bioclimáticas do Parque Empresarial Terciario "Porto do Molle", en Nigrán con un presuposto base de licitación 46.220,09 euros. A data límite para presentación de ofertas rematou o 7 de xaneiro de 2011 e o prazo de execución será de sesenta días naturais a contar dende a acta de inicio da instalación

O Tenente de Alcalde Juan González opinou que "O sector da automoción atópase nun momento de cambio motivado, fundamentalmente, pola aparición do vehículo eléctrico como modelo de mobilidade sostible." Agregou que" A comercialización do vehículo eléctrico dende finais de 2010 propicia a aparición dun novo escenario no que este tipo de vehículo postúlase como a alternativa máis viable en mobilidade sostible. O desenvolvemento de infraestruturas de carga é requisito indispensable para incrementar a súa presenza, xerando confianza e naturalidade en torno a este consumo enerxético. Trátase polo tanto dunha aposta pola mobilidade e pola sostibilidade e ao mesmo tempo ofrécese un servizo indispensable de cara ao futuro para os veciños e veciñas de Nigrán e o Val Miñor."