Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A empresa de alimentación Mercadona quere aterrar no Val Miñor.

A empresa de alimentación Mercadona quere aterrar no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
Mercadona1

Porto de Molle podería albergar á empresa de alimentación Mercadona, quen solicitou terreos ao Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) para instalarse no parque empresarial situado en Nigrán. Segundo informou CZFV, Mercadona solicitou unha parcela de case 12.000 metros cadrados neste parque empresarial para abrir un gran supermercado e ter presenza na comarca do Val Miñor. O pedido atópase a estudo do consorcio quen tomará a decisión final nos próximos días.

 

Tamén comunicouse por parte do organismo que a empresa Combustibles do Noroeste desexa adquirir unha parcela de case 5.000 metros cadrados para abrir unha estación de subministración de combustible neste polígono, o que será a primeira gasolineira existente entre a autoestrada do Val Miñor e a VG-20.

O comité executivo do Consorcio resolverá ambas as adxudicacións na súa próxima sesión.