Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Partido Popular quere destinar os ingresos de Porto de Molle para fomentar o emprego na vila.

O Partido Popular quere destinar os ingresos de Porto de Molle para fomentar o emprego na vila.

Correo-e Imprimir PDF
P1010359


O Partido Popular de Nigrán quere destinar 1.4 millóns de euros que recibirá o Concello por concepto dos convenios con Zona Franca polo Porto de Molle en iniciativas municipais que fomenten o emprego. Nese sentido pide ao goberno de Nigrán que convoque unha reunión de tódalas agrupacións da corporación municipal "con el fin de adoptar conjuntamente estas medidas que frenen la tremenda pérdida de empleo que está sufriendo Nigrán." Pola súa banda o Tenente de Alcalde Juan González que descoñecía a proposta popular afirmou que Nigrán xa traballa neses proxectos de emprego a pesar de que a Xunta dende a chegada dos populares, retirou tódalas actividades formativas de emprego no municipio.

Alberto Valverde, concelleiro e candidato do PP á alcaldía de Nigrán formulou hoxe a petición a través dun comunicado no que afirma que "la tasa de paro en Nigrán, según datos del Servicio Público de Empleo Estatal (Ministerio de Trabajo e Inmigración), durante el mes de noviembre de 2010, último dato publicado, vuelve a mostrar cifras muy preocupante ya que el número de parados se establece en 1.475, muy cerca de cifras records históricas negativas registradas en este mismo año 2010 en el mes de marzo con 1516 parados."

Ademais o concelleiro sinala que “estos datos demuestran la incapacidad del gobierno socialista para generar puestos de trabajo a pesar de que la gran promesa electoral tanto a nivel nacional como a nivel local había sido la de alcanzar el pleno empleo, y se demuestra el descomunal fracaso del Plan E en la generación de empleo ya que en Nigrán su efecto como en otros muchos lugares ha sido prácticamente nulo”. Tamén recorda a Juanes que “no es suficiente esperar con los brazos cruzados a que la situación mejore y que Porto do Molle sea la solución a todos los problemas, ya que mientras él sigue sin tomar decisiones, nuestros vecinos y vecinas siguen sin poder tener un trabajo”.

Consultado o Tenente de Alcalde e candidato do PSOE a alcaldía 2011, Juan González afirmou descoñecer a proposta popular. Aclarou que os cartos provenientes dos convenios con Zona Franca teñen cláusulas moi estritas e que deberá estudarse as posibilidades legais de utilizar os fondos para actividades relacionada co emprego. Tamén dixo que da cifra que manexa o PP, un millón de euros están pendentes de ingreso por parte de Zona Franca.

O concelleiro socialista entende que o municipio debe apostar a Porto de Molle e a formación dos veciños para que as empresas que se instalen no concello conten con a man de obra requirida. Isto, segundo González, redundará nunha fórmula estable para xerar emprego que implicará tamén menos mobilidade e polo tanto maior protección do medio ambiente en Nigrán. González non deixou de sinalar a sorpresa que lle causa que o concelleiro Alberto Valverde sustente a súa iniciativa no convenio Nigrán - Zona Franca por Porto de Molle, un acordo que" foi demonizado permanentemente " polo candidato popular.