Sábado, 12 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía 50 postos de traballo coa chegada de Mercadona e Combustibles do Noroeste ao Val Miñor.

50 postos de traballo coa chegada de Mercadona e Combustibles do Noroeste ao Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
zona-fraca

A cadea de supermercados Mercadona e a firma Combustibles do Noroeste prevén crear uns cincuenta novos postos de traballo no polígono Porto de Molle, que promove o Consorcio da zona franca de Vigo en Nigrán, segundo foi comunicado aos medios.

No caso de Mercadona trátase de 25 novos empregos de duración indefinida e a empresa pretende abrir, unha vez consiga os terreos, nun prazo máximo de 18 meses.

As dúas compañías solicitaron terreos para instalarse neste parque empresarial e a decisión sobre as adxudicacións producirase o próximo 26 de setembro, informou nunha nota o Consorcio da zona franca.

O novo supermercado estará situado nunha parcela de máis de 10.000 metros cadrados con 2.500 destinados a superficie de vendas e 200 prazas de aparcadoiro.

Pola súa banda, Combustibles do Noroeste pretende instalar unha estación de subministración de combustible da marca Repsol nunha parcela de case 5.000 metros cadrados na que traballarán 15 persoas.

O citado Consorcio procedeu este mércores á apertura das ofertas técnicas presentadas ao concurso de parcelas comerciais de Porto do Molle.