Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Proclamación de Alberto Valverde para as municipais 2011.

Proclamación de Alberto Valverde para as municipais 2011.

Correo-e Imprimir PDF
alberto_valverde

Arroupado por autoridades autonómicas e provinciais, o próximo sábado 11 de decembro, Alberto Valverde será proclamado oficialmente como o candidato dos populares á alcaldía de Nigrán. O acto desenvolverase a partir das 21 horas no Hotel Miramar onde afiliados e achegados ao PP de Nigrán se reunirán para a tradicional cea de Nadal.

 

O acto será público e os interesados en participar deben concorrer pola sede do PP de Nigrán, na rúa Rosalía de Castro Nº 6, baixo entre as 19 e as 21 horas. Tamén polo teléfono 986352223.