Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Medio millar de persoas acompañaron a proclamación de Alberto Valverde.

Medio millar de persoas acompañaron a proclamación de Alberto Valverde.

Correo-e Imprimir PDF
P1010362
Agustin_hernandez
alfonso_rueda
mesa_presidencial
P1010359
publico
  • Anterior
  • 1 of 6
  • Seguinte

Medio millar de persoas acompañaron a Alberto Valverde no Hotel Miramar na súa proclamación oficial como candidato á alcadía de Nigrán. Na mesma Valverde comprometeuse a confeccionar unha lista de concelleiros “que saiban o que hay que facer” e “estén capacitados para xestionar un municipio nun momento económico difícil”. Rematou o discurso subliñando que nestos catro anos que van dende as últimas eleccións ata de agora o contexto político e social cambiou e que si os militantes o acompañan o PP volverá a gobernar Nigrán.

Mentres uns vinte camareiros agardaban o comezo do servicio, os dirixentes Agustín Hernández (Conselleiro de Medio Ambiente) e Alfonso Rueda (Conselleiro da Presidencia e secretario xeral do PP de Galicia), deron a benvida aos militantes e achegados presentes na cea. Baixo o lema xeral dos populares “Onte por Galicia Agora polo teu Concello” Alfonso Rueda afirmou que o compromiso de Valverde será o de aplicar no concello as mesmas políticas de xestión públicas que Alberto Núñez Feijóo impulsó na Xunta de Galicia. Logo dos desexos de feliz Nadal, ambos os dous presentaron a Alberto Valverde como o home que soubo guiar o partido en momentos difíciles e que agora levará novamente aos populares ao goberno de Nigrán.

Pola súa banda, Alberto Valverde reflexionou sobre as novas formas de facer política . Remarcou que para ser candidato “agora o importante non é ser o mais coñecido da vila, senon o máis capacitado”. Agregou que son tempos onde as demandas dos veciños son maiores, e piden que se lles mellore a calidade de vida por enriba das demandas de interese partidista. Rematou o seu discurso cun chamado aos militantes a traballar de cara ás eleccións para recuperar o goberno municipal.

Ademais das autoridades autonómicas citadas, Alberto Valverde recibiu o apoio do presidente Núñez Feijóo a través dun vídeo. Do mesmo xeito recibiu outra gravación co apoi do PP nacional de parte da secretaria xeral María Dolores de Cospedal. Tamén estiveron presentes o presidente do PP Gondomar Eladio Balgiela e o alcalde de Baiona Jesús Vázquez Almuiña.