Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán premia ás realizadoras dos curtometraxes contra a violencia de xénero.

Nigrán premia ás realizadoras dos curtometraxes contra a violencia de xénero.

Correo-e Imprimir PDF
premio

O pasado 25 de novembro, Dia Internacional Contra a Violencia de Xénero, o Concello de Nigrán fixo entrega dos premios as gañadoras do II Concurso de curtametraxes "Non a Violencia de Xénero"organizado a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información as Mulleres. As gañadoras deste segundo concurso foron Lucia San Zhang natural de Ourense no apartado de menores de 18 anos, e María Martinez Muñiz natural de Nigrán gañadora no apartado maior de 18 anos, levándose como premio un Notebook e Cámara de vídeo respectivamente.

A continuación proxectáronse varios curtametraxes entre os que se atopaban os gañadores deste segundo concurso do Concello de Nigrán, ademáis de outros curtos gañadores de distintos concursos sobre violencia sexista. No mesmo acto abríronse liñas de debate o redor da violencia de xénero e das múltiples discriminacións que recaen sobre as mulleres nos distintos ámbitos da vida privada e pública, reivindicando tamén a discriminación existente no ámbito da política con respecto das mulleres, desta deron testemúño a actual Concelleira de Igualdade Purificación Leal así coma a antiga representante no cargo Pilar Barreiro.

O Consello de Nigrán informa que están a disposición de tódalas asociacións que o desexen a realización de actos onde se proxecten os audiovisuais; para elo só é necesario solicitalo a Concellalía de Igualdade ou o CIM de Nigrán.

Dim lights Embed Embed this video on your site