Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Partido Popular critica a ausencia de Nigrán na última edición de FITUR.

O Partido Popular critica a ausencia de Nigrán na última edición de FITUR.

Correo-e Imprimir PDF
O PP rexeita a política turística do goberno de Nigrán.

A ausencia do Concello de Nigrán na pasada Feria Internacional de Turismo (FITUR) celebrada en Madrid é una mostra" da falla de interese deste goberno en potenciar a imaxe deste municipio", manifestou o portavoz popular Alberto Valverde. O candidato popular ás municipais 2011 opinou que en materia turística Nigrán non pode competir cos municipios veciños como Sanxenxo, Baiona o A Garda "que si tiveron unha presenza significativa na feira".

FITUR é o evento empresarial de maior convocatoria na área turística a nivel nacional. Empresarios, axentes, xornalistas especializados se dan cita nesta feira onde máis de 10 mil empresas, de arredor de 170 países presentan as súas bondades naturais e servizos.

Valverde denuncia a política "nefasta" que en materia turística a desenvolvido a seu entender o goberno socialista de Efrén Juanes. Nunha exhaustiva enumeración, o popular menciona a folga do lixo durante o verán, a perda das bandeiras azuis, o intento de reducir o horario de apertura das terrazas de negocios hostaleiros e de restauración, as obras na praia en plena época estival, e a "patética" imaxe durante o último verán da praia de Panxón polo desagradable olor desprendido tras a decisión de enterrar algas no areal. “Estas circunstancias afastaron a moitos visitantes que de xeito regular acudían a Nigrán, có prexuízo para o comercio, la hostalería e a restauración do municipio”, explicou Valverde.