Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Louzán desautoriza o peche das negociacións con UCN decretado polo PP de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Rafael Louzán fala co presidente da xestora local do PP Gonomar, Eladio Bargiela minutos antes da rolda de prensa.

O dirixente provincial dos populares e presidente provincial contradixo en rolda de prensa, o anuncio da rutura das negociacións entre o PP de Nigrán e UCN así como o peche das candidaturas dos populares ás próximas eleccións municipais.

 

A Xunta enviará unha inspección á PO-552 ante os reclamos de seguridade dos veciños de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Concello de Nigrán

A estrada principal que atravesa o corazón de Nigrán, a PO-552 será inspeccionada por técnicos da Dirección de Infraestruturas da Xunta de Galicia ao fin de constatar a súa seguridade e solucionar en breve os problemas que se detecten. O anuncio foi realizado polo concelleiro da oposición  e candidato a alcalde polo PP de Nigrán Alberto Valverde. O popular informa que recibiu o compromiso persoal da directora do organismo Ethel Vázquez. Segundo Valverde, os reclamos de seguridade na estrada provincial feitos por veciños e comerciantes non foi respondido polo actual alcalde o socialista Efrén Juanes.

Inícianse actuacións en Priegue dirixidas á mellora de máis de 10.000 m₂ da súa rede viaria

Correo-e Imprimir PDF
Urbanismo: 10 mil m2 de pavimentación para a parroquia de Priegue.

Máis de 10 mil m₂ de pavimentación implicarán as actuacións de humanización na parroquia de Priegue. Os traballos tamén consistirán no barrio e limpeza da superficie a pavimentar, capa de rodadura, recrecido das arquetas e pintura do vial. Dentro destes traballos de mellora vial atópase tamén a reconstrución dun talude na Rúa Pedrosa. A concellería de Urbanismo dirixida polo concelleiro Juan González informa que a administración local está a desenvolver estas obras cos fondos do plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra destinado en función da poboación de Nigrán para o período 2009 - 2011.

Fernández Comesaña: “me tendieron una trampa y se puede volver contra ellos”

Correo-e Imprimir PDF
Antonio Fernández Comesaña concelleiro de Nigrá por UCN.

Antonio Fernández Comesaña, denunciou o intento do Partido Popular de mercar a súa vontade de afastarse da política ofrecéndolle unha asesoría na Deputación de Pontevedra. A través dun escrito achegado a Valminor.info. o líder da Unión Centrista de Nigrán (UCN) afirma que a estratexia do PP foi “desestabilizar” a UCN, e como proba diso se atopa a inclusión no noveno lugar da lista do PP ás municipais dunha “TRANSFUGA de UCN”. O concelleiro Antonio Fernández séntese vítima dunha trampa “que afortunadamente he detectado a tiempo y se puede volver contra ellos”.

Crónica: 21 días co centro dereita de Nigrán .

Correo-e Imprimir PDF
PP e UCN dan por rotas as súas negociacións

Dende o 14 de xaneiro ao 3 de febreiro pasado o Partido Popular desenvolveu unha estratexia política que estivo a piques de integrar aos militantes da Unión Centrista de Nigrán nas súas estruturas. Cando amosaba un acordo nas mesas de negociacións de súpeto o proxecto naufragou. O fracaso da unificación do centro dereita en Nigrán ten dúas versións, a de Antonio Fernández Comesaña , portavoz e candidato de UCN e a de Alberto Valverde, candidato a alcalde de Nigrán polo PP. Mentres Fernández acusa a Valverde de intentar desestabilizar e buscar a rendición incondicional de UCN, Valverde asegura que o verdadeiro motivo do naufraxio foron as exixencias "persoais" de Fernández “que excedían o ámbito político”, entre elas unha de carácter monetario.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL