Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Máis de 500 veciños e deportistas rexistráronse para a I Carreira da Auga en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Carrera_Nigran-Vigo_2011CartelUNICEF chama á participación do Val Miñor na I Carreira da Auga "Gotas para Níxer". Por cada corredor que participe nesta carreira comprando o seu número por 2 euros, UNICEF pode adquirir, por exemplo, 400 pastillas potabilizadoras de auga. O evento está organizado polo Concello de Nigrán en colaboración con UNICEF e a Sociedade Atlética Val Miñor. De momento se rexistraron máis de 500 persoas, comunicaron os organizadores. O prazo de inscrición continuará aberto na Piscina Mancomunada do Val Miñor (A Ramallosa) e a Oficina de Turismo de Panxón e poderanse inscribir o mesmo día 24 de abril dende as 10,00 h ata as 11,00 h da mañá no punto de saída da carreira.

O alcalde Efrén Juanes agredido hoxe no seu despacho por unha veciña de Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF
O rexedor de Nigrán Efrén Juanes foi agredido por unha muller no seu despacho (foto arquivo)

O alcalde de Nigrán, Efrén Juanes, foi agredido hoxe no seu despacho por unha veciña de Chandebrito que protestaba pola actividade dun bar na súa parroquia. A secretaria tivo que solicitar a intervención da policía para separar á veciña que propinou empurróns e golpes ao rexedor nigranés. Unha vez retirada por efectivos da policía local, o alcalde formalizou a denuncia na xefatura. "Vou denuncialo por respecto á institución", informou Juanes, xa reposto do incidente.

UCN de Fernández Comesaña concorrerá ás eleccións de maio nunha coalición co CDL.

Correo-e Imprimir PDF
José Campos, Rosario Valverde, Fernández Comesaña, José Palacín e Serafín Alonso, no Hotel Miramar de Nigrán.

Finalmente Unión Centrista de Nigrán (UCN)  participará nas eleccións municipais baixo unha coalición coa nova forza centrista  o Centro Democrático Liberal (CDL). Se ben a lista encabezada polos concelleiros Antonio Fernández Comesaña e mais María del Rosario Valverde, está conformada integramente por membros de UCN, a alianza permitirá aos independentes de Nigrán, recibir o apoio loxístico da CDL  ademais de "apostar por este novo proxecto de gran futuro para el Valle Miñor y el Baixo Miño", segundo manifestou Fernández Comesaña. A alianza e mais a lista foron presentadas na mañá deste martes 19 de abril nos salóns do Hotel Mirarmar. Ademais dos cabezas de lista, estiveron presentes o número 3, Serafín Alonso Seijo e o número 5, José Manuel Campos Hernida por UCN, e José Palacín, presidente galego do CDL.

O concello de Nigrán homenaxea ao mestre José Vázquez e ao concelleiro Joaquín Iglesias Portela.

Correo-e Imprimir PDF

praza-joaquin-iglesias-portelaJosé Vázquez Grela, do barrio das Angustias en Nigrán, exercía como mestre en Nigrán no ano 1936. Identificado co republicanismo, loitou por levar adiante o ensino baixo os postulados renovadores e liberais da II República e co obxectivo de levar a escola aos recunchos mais afastado. O 12 de setembro de 1936 sobre as 13 horas foi executado polas forzas sublevadas logo de ser "paseado", no barrio Devesa. Unha bala na cabeza e outra no peito acabaría coa súa vida. Tiña 50 anos, estaba casado con Josefa Iglesias e tiña seis fillos.

O BNG Nigrán presenta a lista de candidatos ás eleccións municipais 2011.

Correo-e Imprimir PDF
Candidatura do BNG Nigrán de cara ás eleccións municipais 2011.

O sábado día 16, o BNG de Nigrán convocou ós seus afiliados, simpatizantes e veciños , para presentar a súa candidatura ás eleccións municipais. A mestra e deportista Crisitina Fernández Piñeiro encabeza a lista nacionalista converténdose na primeira muller que aspira a alcaldía neste Concello.   Presentada Fernández como “unha muller capaz, valente e conciliadora, que ten experiencia política” estará acompañada por Xavier Rodríguez Fernández como número dous, o especialista en arqueoloxía Eduardo Méndez, a modista Carmen Piñeiro e a ex concelleira  de Benestar Social e Igualdade Pilar Barreiro. Unha lista que segundo manifestan dende o Bloque “está conformada por un equipo de xente responsable e preparada, con moitas ganas de traballar para acadar o Nigrán que o BNG quere para tódolos veciños e veciñas.” Os nacionalistas informan que a lista está  “constituída por mozas e mozos  que achegan a súa forza, militantes veteranos xa presentes en  candidaturas anteriores, e outros recentes  cheos de entusiasmo.”

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL