Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Fernández Comesaña presentouse como a única alternativa ao bipartidismo PP-PSOE en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Antonio Fernández Comesaña na presentación da súa candidatura no Hotel Miramar de Nigrán.

A coalición de centro reformista UCN-CDL que integran a Unión Centrista de Nigrán (UCN) e o partido Centro Democrático Liberal (CDL), presentou a candidatura ás próximas eleccións municipais, que encabeza o actual concelleiro Antonio Fernández Comesaña, ante más de 400 persoas no Hotel Miramar, o pasado 28 de abril. No acto interviron varios membros da candidatura, así como José Manuel Palacín, presidente del CDL en Galicia, que se referiu a Julio Verne e su espíritu visionario e que os liberais demócratas "son un ejemplo de ese visionarismo social por su respeto a las personas". Afirmou estar entusiasmado pola ilusión que xera o proxecto en Nigrán. Dixo que "UCN es un equipo de gente joven con experiencia y quería mostrarle el apoyo del CDL". Asegurou que o seu partido optou por estar nesta coalición con UCN "por el excelente trabajo realizado". Así mesmo, destacou que "admiraba la valentía del candidato Antonio Fernández, al enfrentarse con pesos pesados como son el PP y el PSOE", que non dubidou en cualificar como un "pequeño David contra Goliath."

A praza pública de San Roque en Camos amosa máis fachendosa.

Correo-e Imprimir PDF

camos_obraRemataron os traballos de asfaltados na Parroquia de Camos coa finalización do remodelado da  praza pública de San Roque. A intervención tivo por obxecto a renovación de firmes, melloramento de distintos espazos  que atopábanse degradados e a incorporación de pedras e adoquín envellecido como parte da nova fisionomía da praza. Tamén foi incorporada unha nova rede de iluminación e un novo mobiliario urbano. Os traballo de humanización estiveron a cargo da empresa COVSA , cun custo  de 98.000 euros.

Esquerda Unida denuncia a insuficiente previsión de zonas verdes no PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Esquerda Unida quere un novo PXOM para Nigrán.

Jacobo Gallego, candidato de Esquerda Unida por Nigrán fai pública a súa proposta sobre o urbanismo e o PXOM no concello de Nigrán. O candidato opina que o devandito documento debe medirse "en termos de calidade de vida". Gallego denuncia que o actual goberno de Nigrán" non foi capaz de aprobar nestes catro anos un PXOM, deixándoo para a seguinte corporación, co que supón de paralización do desenvolvemento do municipio". Na súa proposta (que se encontra publicada de forma completa no BLOG eunigran.wordpress.com) aposta por un PXOM "con vocación de funcionalidade e atención ás necesidades dos cidadáns, mediante a creación de espazos de convivencia cidadán, equipamentos suficientes para a prestación dos servizos públicos necesarios para a poboación e unha planificación das comunicacións do Val Miñor co seu entorno máis inmediato".

Alberto Valverde acusa a Juan González de inaugurar prazas públicas "virtuales" en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
O popular Alberto Valverde desafía ao Tenente de Alcalde de Nigrán a que indique onde atopa unha praza neta imaxe.

O uso da memoria histórica con fines partidarios ingresa no debate preelectoral en Nigrán. Días atrás o 1º Tenente de Alcalde Juan González anunciaba a colocación de dúas placas en homenaxe aos represaliados José Álvarez Grela (mestre nacional) e Joaquín Iglesias Portella (carpinteiro e concelleiro municipal). As mesmas segundo resolución do pleno municipal estarían en prazas públicas que levarían o seu nome, nun intento de recuperar a memoria de aqueles que foran perseguidos e asasinados por defender a democracia e os valores republicanos durante o golpe do 36. A resolución tomada a finais de 2010 foi executada o pasado 14 de abril, coincidindo coa conmemoración do Día da República. Pero para o concelleiro popular Alberto Valverde, a devandita colocación das placas, trátase dun arma de propaganda política "que roza el absurdo, especialmente si tenemos en cuenta que se ha denominado Plaza de José Vázquez Grela a un espacio público inexistente”.  Valverde agrega que "Para el PP de Nigrán, la utilización por parte de Juan González de cuestiones de supuesta recuperación histórica como propaganda política es una falta de respeto absoluta hacia los vecinos y vecinas de Nigrán. "

A 1ª edición da carreira “Gotas para Níxer” reuniu a un millar de persoas en Praia América.

Correo-e Imprimir PDF
salida_mayoresComo un verdadeiro éxito catalogou a organización da carreira “Gotas para Níxer”, a participación dun millar de persoas na súa primeira edición, celebrada onte no Concello de Nigrán. A dous euros por inscrito, a competencia permitiu acadar cerca de 2000 euros o que posibilitará unha importante compra de materiais con destino a potabilizar auga no Nïxer. UNiCEF, a Sociedade Atlética Val Miñor e mais o Concello de Nigrán, comprometéronse a repetir o evento no vindeiro 2012, co fin de seguir apoiando esta obra humanitaria

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL