Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O BNG de Nigrán chamou a apostar pola renovación, a democracia e a fuxir dos personalismos.

Correo-e Imprimir PDF

candiata_cris_fernO BNG de Nigrán chamou aos nacionalistas do concello a apostar pola renovación. No acto de peche da campaña,os candidatos do Bloque sinalaron a importancia de non alimentar aos chamados "grupos independentes" que nesta ocasión atópanse como "o reduto onde se agochan apetitos persoais ou grupos ligados a intereses urbanísticos". Tanto o portavoz nacional Carlos Aymerich como o número 2 da candiatura Xavier Rodríguez sinalaron a importancia histórica de que en Nigrán por primeira unha muller encabece a candidatura dun partido. Pola súa banda a alcaldable Cristina Fernández chamou aos veciños de Nigrán a votar polo seu benestar, apostando por aqueles que verdadeiramente os defenden. Fernández rexeitou as políticas que en materia de emprego levan adiante o PSOE no nacional e o PP no autonómico. E facendo referencia algunhas promesas feitas polo PP durante a campaña opinou que si é certo o que di o candidato local do PP de que ten a solución ao problema do emprego que lle pase a fórmula a Feijoo para que a aplique na Xunta.

Un borrador do PXOM de Nigrán entregado aos técnicos municipais esperta polémica PP-PSOE.

Correo-e Imprimir PDF
O PXOM é parte dos acordos asumidos entre o PP e o PSOE en Nigrán.

O equipo redactor do Plan Xeral de Ordenamento Municipal de Nigrán entregou na mañá deste xoves 19 de maio, un borrador do Documento para Aprobación Inicial do PXOM aos técnicos do Concello. Do mesmo xeito entregou para estudo técnico antes da remisión á Xunta de Galicia o borrador para a Modificación das Normas Subsidiarias para o ámbito da parroquia de Chandebrito. A existencia do borrador coñeceuse sobre as 18 horas a través dun comunicado do PP de Nigrán, onde se acusaba ao goberno municipal de non dar aviso aos populares e aos veciños para "apuntarse un tanto de cara a la cita del próximo domingo, un tanto que no les pertenece”, pois segundo o concelleiro Alberto Valverde " de no haber sido por el trabajo del PP de Nigrán la aprobación del PGOM estaría en un estado aún embrionario". Pola súa banda, o concelleiro Juan González (PSOE) negou calquera intención de ocultarllo e lamentou que Valverde rompera o compromiso de non incluír o PXOM na campaña electoral.

O PSOE retira as súas pancartas en todo o concello de Nigrán e sospeita ser obxecto de sabotaxe.

Correo-e Imprimir PDF

retirada-de-pancartas-psoeComeza a retirada de pancartas socialistas no concello de Nigrán. O comité de campaña do PSOE tomou a decisión unha vez coñecidas as causas do accidente desta mañá na Xunqueira, ao que sumouse o informe de pancartas "cortadas ata en catro cachos e tiradas no chan" nas parroquias de Camos, San Pedro e Panxón. Segundo informou a Valminor.info o concelleiro e candidato a alcalde do PSOE, Juan González, os servizos xurídicos do partido estudan os pasos a seguir e remitiron o primeiro informe á executiva provincial que é a que ofrece a cobertura da compañía de seguros que terá que ocuparse do accidente na Xunqueira. Por outra banda, a policía local de Nigrán ten en custodia e para súa investigación a pancarta que feriu esta mañá ao candidato de UPyD Oscar Soto. As feridas que nun principio non parecían maiores, revisten maior gravidade e Soto deberá permanecer internado en Povisa á espera de novos estudos médicos. Os socialistas sospeitan que trátase dun acto de sabotaxe que ten ao PSOE por obxectivo.

UPyD de Nigrán suspende os actos de hoxe por mor do accidente do candidato Oscar Soto.

Correo-e Imprimir PDF

moto-1UPyD Nigrán suspende todos os seus  actos públicos previstos para hoxe xoves debido ao grave accidente de tráfico sufrido polo nº 2 da súa candidatura, Oscar Soto, acaecido na mañá de hoxe na Avenida Portugal á altura do Centro de Saúde A Xunqueira. O seu candidato Jorge Sanromán comunica  que o acto de peche de campaña previsto para mañá venres a las 21:30 horas en el hotel Miramar de Praia América, se mantén tal e como estaba previsto na súa axenda electoral.

Persoa ferida en Nigrán por mor dunha pancarta electoral descolgada sobre a estrada

Correo-e Imprimir PDF
Accidente de moto á altura do Centro de Saúde A Xunqueira

Oscar Soto, número dous da candidatura de UPyD Nigrán estaba realizando traballos de reparto de publicidade electoral circulando cunha motocicleta cara á Ramallosa pola estrada que une con Gondomar. Á altura do Centro de Saúde da Xunqueira, atopouse cunha corda desprendida dunha pancarta publicitaria do PSOE Nigrán, colgando sobre a estrada, con tan mala fortuna que esta enganchouse no manillar da motocicleta provocando un grave accidente. O motorista perdeu o control do vehículo e golpeouse contra as vallas do centro de saúde. Tras unha primeira inspección no citado centro sanitario, Soto foi trasladado en ambulancia ao Centro Médico Povisa onde, unha vez realizadas as correspondentes probas, comprobouse que tiña rotas tres costelas, ademais de distintos hematomas, rozaduras e distintos golpes en pernas e brazos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL