Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O PP e as asociacións veciñais de Nigrán reclaman a realización de debates públicos dos candidatos.

Correo-e Imprimir PDF

carteis-electorais-no-concello-nigranO candidato popular á alcaldía de Nigrán, Alberto Valverde desafiou ao seu homólogo socialista Juan González "a que defienda las mentiras que está afirmando en campaña en un debate frente a los vecinos y vecinas del municipio." Pola súa banda, as entidades veciñais de Priegue, Nigrán, San Pedro, Camos e Chandebrito intentan realizar unha rolda de mesas coloquios con tódalas candidaturas do concello, a fin de dar a coñecer aos cidadáns as súas propostas cara ás eleccións municipais do vindeiro 22 de maio. Para Juan González, "debater non é un problema", e só restaría organizalo correctamente. Ao mesmo tempo, o socialista contestou que pode debater el o calquera dos membros do seu equipo porque todos están preparados para facelo, cousa que no PP ao seu entender non ocorre porque "parece que Valverde é o único que fala nese partido", opinou.

EU propón suspender as axudas ás festas patronais que “non contribúan a fomentar o emprego”.

Correo-e Imprimir PDF

eunigranactoEsquerda Unida de Nigrán propón a suspensión das axudas ás festas patronais “que non contribúan a fomentar o emprego no Concello.” O anuncio foi realizado durante a “Asemblea de parados”, organizada pola organización de esquerdas liderada por Jacobo Gallego, candidato a alcalde de Nigrán. A medida propón tamén a promoción “da incorporación dos parados do concello nas labores das festas das parroquias”, co fin de atacar o desemprego.

Os viarios e redes de infraestrutura de Porto de Molle pasan a titularidade do Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

juan_efren_zona_francaO Concello de Nigrán asinou co Consorcio da Zona Franca a recepción dos viarios principais do parque empresarial de Porto do Molle. No acordo tamén traspasouse o conxunto de redes de servizos existentes na devandita zona, como son as de abastecemento, saneamento, telecomunicacións e gas. En consecuencia, a titularidade desas infraestruturas quedan en propiedade do Concello de Nigrán. “Isto vai permitir que os viarios principais ábranse ao tráfico público de forma inmediata” sinalaron dende Zona Franca,” co que iso supón de mellora das conexións rodadas para as parroquias de Parada, Nigrán, Camos e San Pedro”.

Esta tarde no CEIP Juanes EU Nigrán convoca aos parados no que será o seu acto central de campaña.

Correo-e Imprimir PDF
José Cuevas,  o candidato a alcalde Jacobo Galego, Betty Leon e José Luis Outes, de EU Nigrán.

Este venres 6 de maio ás 19:30 horas no colexio público Humberto Juanes, Esquerda Unida de Nigrán realizará unha Asemblea de Parados. O obxectivo da xuntanza é facer públicas un conxunto de medidas que dende o Concello de Nigrán a esquerda quere impulsar a prol de atender de xeito urxente a situación pola que atravesan máis de 1600 veciños e a súas respectivas familias. “Este será o acto central da campaña” informou Betty Leon, número dous na lista de EU encabezada por Jacobo Gallego Guisande. Para esta agrupación nigranense “os tempos dos mitins xa foron” e agora o que interesa a xente son solucións concretas aos seus problema, opinou o economista José Luis Outes, que ocupa o 4º posto da candidatura. É por esta convicción que o grupo afirma que non só non encontran útil as grandes convocatorias, se non que entenden que deberían ser fiscalizadas polas autoridades electorais “esas grandes romerías que os partidos celebran con discursos e comidas de balde”, afirman.

Con críticas ao goberno e unha morea de carteis por todo Nigrán o PP comeza a súa campaña.

Correo-e Imprimir PDF
O PP de Nigrán inicia a campaña coa simbólica pegada de carteis.

Os populares de Nigrán ten todo pronto para encher o concello de carteis, banderolas e pancartas cando o reloxo marque as cero horas, momento no que comezará oficialmente a campaña de cara ás eleccións do vindeiro 22 de maio. Logo da resolución desta semana da Xunta Electoral que obrigou ao PP a retirar catro pancartas nas que anunciaba unha romería durante a fin de semana, o equipo de Alberto Valverde non quere perder tempo e "bañará Nigrán con 1.000 carteles, 150 banderolas y 10 pancartas distribuídas por todas las parroquias del municipio", segundo o anunciado no correr desta tarde.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL