Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP e as asociacións veciñais de Nigrán reclaman a realización de debates públicos dos candidatos.

O PP e as asociacións veciñais de Nigrán reclaman a realización de debates públicos dos candidatos.

Correo-e Imprimir PDF
carteis-electorais-no-concello-nigran

O candidato popular á alcaldía de Nigrán, Alberto Valverde desafiou ao seu homólogo socialista Juan González "a que defienda las mentiras que está afirmando en campaña en un debate frente a los vecinos y vecinas del municipio." Pola súa banda, as entidades veciñais de Priegue, Nigrán, San Pedro, Camos e Chandebrito intentan realizar unha rolda de mesas coloquios con tódalas candidaturas do concello, a fin de dar a coñecer aos cidadáns as súas propostas cara ás eleccións municipais do vindeiro 22 de maio. Para Juan González, "debater non é un problema", e só restaría organizalo correctamente. Ao mesmo tempo, o socialista contestou que pode debater el o calquera dos membros do seu equipo porque todos están preparados para facelo, cousa que no PP ao seu entender non ocorre porque "parece que Valverde é o único que fala nese partido", opinou.

Valverde propón  abordar  cuestións que considera  prioritarias para o municipio. No seu comunicado destaca temas como urbanismo, desenvolvemento económico, emprego, seguridade, turismo, cultura e deporte. Valverde reta a González a "un debate cara a cara" a celebrarse  no transcurso da campaña electoral e nun local a designar de común acordo.

Por su parte, Juan González afirmou que os socialistas non ten "medos nin están asustados", polo que están "todos eles" dispostos a debater ante quen sexa, cousa que asegura "non sucede no PP onde o único que ten voz é Valverde".

Mentres tanto un conxunto de entidades veciñais de Nigrán intentan levar a diante unha serie de mesas coloquio onde participen tódalas candidaturas. Nun principio propúxose un ciclo de unha mesa por asociación, pero finalmente por razoes de tempo e dinámica da campaña, a solicitude, aínda non confirmada polos partidos, reclama a realización da primeira este xoves 12 de maio, no local social do Turreiro en Chandebrito, e unha segunda o vindeiro sábado 14 no C.C. O Torreiro de Priegue.