Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Suspéndese o reconto do votos en Nigrán e a correspondente confirmación das actas de concelleiros.

Correo-e Imprimir PDF

concello_nigranA Xunta Electoral Local suspende o reconto dos votos das eleccións municipais en Nigrán e pon en suspenso o outorgamento das actas de concelleiros da nova corporación. A medida foi tomada sobre este mediodía pola autoridade electoral por mor dun escrito de "reclamación e protesta", presentado por UPyD contra os resultados do escrutinio feito pola xunta electoral e publicados polo Ministerio del Interior. O veredicto final agora pasa a mans da Xunta Electoral Central en Madrid.

Valminor.info tivo acceso á documentación e testemuñas doutros partidos "da futura oposición", que confirman a teoría dun erro nas actas e avalan a maioría absoluta da candidatura do PP en Nigrán.

A xunta electoral dá 24 horas para que UPyD formalice o seu recurso dos resultados electorais en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Para UPyD Nigrán a suma das actas oficiais entregadas polos presidentes de mesa o pasado domingo, arroxan 540 votos. O mesmo documento e con igual resultado foi amosado esta mañá polos representantes do PSOE e o BNG no 2º andar dos Xulgados de Vigo onde se fixo o reconto das eleccións municipais. Sen embargo para o Ministerio del Interior e a xunta electoral local, os sufraxios de UPyD son 371. A causa da diverxencia e unha mesa electoral do barrio de Gaifar, na parroquia de Panxón, onde fixéronse dúas actas con resultados diferentes. A xunta electoral outorgou 24 horas a UPyD para recurrir o resultado.

O panorama político de Nigrán pendente do segundo escrutino da xunta electoral.

Correo-e Imprimir PDF

carteis-electorais-no-concello-nigranUn intre de dúbida, ata mañá ás 10:00 h, nos resultados finais das municipais no Concello de Nigrán.

As contas non lle dan ao candidato de UPyD de Nigrán. Segundo a suma das actas oficiais da mesas electorais en poder do partido de Rosa Díez, UPyD acadaría 540 votos no municipio e non os 371 que publicou o Ministerio del Interior na súa páxina web. A diferenza non é menor. De confirmarse, Jorge Sanromán accedería a unha praza na futura corporación de Nigrán en detrimento do Partido Popular. O último concelleiro no municipio obtívose con 457 votos (coeficiente 457,3) e correspondeu ao noveno membro da candidatura do Partido Popular.

Pola súa banda, os populares afirman ter revisadas as devanditas actas e confirman o resultado que lles otorga a maioría absoluta da candidatura de Alberto Valverde. A incertidume das diferencias no escrutino resolverase mañá ás 10 horas cando no 2º andar dos xulgados de Vigo a Xunta Electoral faga o segundo reconto.

 

O PP de Nigrán obtén a maioría absoluta .

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Valverde será o novo alcalde de Nigrán.

O PP de Nigrán obtén a maioría absoluta e Alberto Valverde será o novo alcalde de Nigrán.

Os populares acadaron o 43,15% dos votos válidos o que lles valeu 9 concelleiros na futura corporación.

O PSOE perde 1 concelleiro, o BNG 2 e UCN 1  con respecto ás municipais de 2007

Resultados oficiais Ministerio del Interior para o Concello de Nigrán

O PSOE de Nigrán pecha en Ceán a súa campaña electoral

Correo-e Imprimir PDF
Momento durante a actuación de Peter Punk

O PSOE de Nigrán pechou a súa campaña cunha xornada festiva no campo de bolos do Ceán, Nigrán. Cita á que asistiron máis de 600 persoas según datos da organización. O acto comezou ás 20:30 coa actuación do paiaso Peter Punk que encandilou a pequenos e incluso a maiores que se achegaron dende o inicio da tarde ao recinto de bolos. O mitin final da campaña comezou coa intervención de Rubén Rial, o candidato por Nigrán, seguido do actual alcalde Efrén Juanes e finalmente o candidato á alcaldía Juan González.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL