Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O Alcalde de Nigrán rexeita a actitude do PSOE de non participar no grupo de traballo do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Valverde, alcalde de Nigrán.

O alcalde Alberto Valverde rexeitou a decisión do portavoz socialista Juan González de non concorrer á xuntanza convocada polo goberno de Nigrán para traballar na tramitación do Plan Xeral  de Ordenamento Municipal.  Á mesma concorreron os concelleiros electos do BNG e da coalición UCN-CDL. Valverde denuncia que González foi convocado telefonicamente á reunión  e este confirmou a súa asistencia no mesmo momento da comunicación.

O PSOE de Nigrán insiste en esixir unha rectificación pública do PP para retomar os traballos do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF
Juan González asegura que os socialistas non participarán dos traballos do PXOM se o PP non rectifica.

A agrupación municipal do PSOE de Nigrán non concorrerá á reunión co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM) convocada para este mércores 29 polo alcalde Alberto Valverde. Os socialistas unha vez máis esixen unha rectificación pública do Partido Popular e mais do alcalde " das súas graves acusacións do 19 de maio coas que rachou o pacto polo PXOM en Nigrán". Nesa oportunidade, a poucas horas das eleccións municipais, os populares acusaron ao entón alcalde socialista Efrén Juanes de ocultar un borrador do PXOM con fines electorais. Acusación que os socialistas rexeitaron daquela e agora reclaman unha rectificación pública "recoñecendo a clara intencionalidade e oportunismo da referida nota".

15 persoas denunciadas por desordes na vía pública neste fin de semana en A Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
Desfeitas na Ramallosa (imaxe arquivo 2010)

A noite do sábado saldouse coa identificación por parte dos dispositivo de seguridade de quince mozos que estaban incorrendo en "delitos de alteración da orde pública e desfeita de mobiliario urbano e colectores", segundo deu a coñecer o Concello de Nigrán. O alcalde e responsable de Seguridade e Tráfico, Alberto Valverde mostrouse moi satisfeito coa actuación da quenda de noite, un servizo que cualifica como "fundamental para devolver a normalidade nas noites dos fins de semana á contorna da Ramallosa".

As fogueiras iluminaron Nigrán na noite de San Xoán. Unha persoa foi ferida de arma branca na madrugada.

Correo-e Imprimir PDF
Restos dunha fogueira no interior do espacio protexido das dunas de Gaifar

.Miles de persoas elixiron Nigrán para festexar a tradicional Noite de San Xoán, coas fogueiras e atraccións organizadas polo Concello.

.No transcurso da madrugada constatáronse algunhas refregas entre grupos de mozos, tamén casos de coma etílico e unha persoa cunha ferida leve de arma branca.

.Os responsables dunha desfeita nas dunas de Gaifar foron identificados pola policía e serán emprazados o próximo luns polas autoridades.

A Policía Local e un efectivo do antigo GRUMIR extinguen un incendio nun almacén de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Unha patrulla da Policía Local foi advertida na tarde de onte, pouco antes das 18.00 horas, dun incendio que se estaba producindo nun almacén da Rúa Pereira, na parroquia de San Pedro, Nigrán. O corpo de seguridade avisou ao antigo GRUMIR sobre o feito, tras comprobar que era certo. O único membro efectivo deste dispositivo de urxencias, en colaboración cos efectivos da policía local, conseguiron extinguir o incendio 40 minutos máis tarde de ser comunicado o mesmo, segundo informa o Concello de Nigrán.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL