Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Policía Local e un efectivo do antigo GRUMIR extinguen un incendio nun almacén de Nigrán.

A Policía Local e un efectivo do antigo GRUMIR extinguen un incendio nun almacén de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Unha patrulla da Policía Local foi advertida na tarde de onte, pouco antes das 18.00 horas, dun incendio que se estaba producindo nun almacén da Rúa Pereira, na parroquia de San Pedro, Nigrán. O corpo de seguridade avisou ao antigo GRUMIR sobre o feito, tras comprobar que era certo. O único membro efectivo deste dispositivo de urxencias, en colaboración cos efectivos da policía local, conseguiron extinguir o incendio 40 minutos máis tarde de ser comunicado o mesmo, segundo informa o Concello de Nigrán.

Tras efectuar unha primeira inspección ocular do lugar dos feitos, a policía presume que a causa do incendio puidese ser un curtocircuíto eléctrico.