O Concello de Nigrán organiza os campamentos de verán para nenos e nenas con idades comprendidas entre 5 e 12 anos, ambos inclusive, empadroados no concello de Nigrán. O número de prazas é para 75 rapaces. O campamento desenvolverase do 1 ao 31 de xullo, de luns a venres, en horario de 09.00h a 14:00h. O día 25 de xullo non haberá campamento por ser día festivo na Comunidade Autónoma. O campamento desenvolverase nas instalacións do C.P.I. de Mallón, rúa Manuel Lemos, 81, San Pedro da Ramallosa, Nigrán; con excepción das diferentes visitas que se realizarán a distintos puntos do concello. O Concello de Nigrán subvenciona este campamento con 2.300€.