Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A xuíz da Xunta Electoral Central confirma a maioría absoluta do PP en Nigrán e UPyD desiste de recorrer o escrutinio.

A xuíz da Xunta Electoral Central confirma a maioría absoluta do PP en Nigrán e UPyD desiste de recorrer o escrutinio.

Correo-e Imprimir PDF
A noite do 22 de maio os populares festexaron a súa maioría absoluta, hoxe confirmada.
UPyD acepta a resolución da Xunta Electoral Central na que deixa sen representación a ese partido en Nigrán e rexeita interpor recurso. A xuíz da causa determinou que a diferenza constatada nunha acta da parroquia de Panxón, na que 183 votos do PP estaban colocados nas casillas da UPyD, perteñecían efectivamente aos populares. A decisión acaba de facerse pública a través do Delegado Local de UPyD-Nigrán, Jorge Soto Sanromán, nun comunicado de prensa. No escrito afírmase que UPyD "en ningún momento quiso apropiarse de ningún voto que no le correspondiese, sino que, de acuerdo con las actas que obran en su poder, estas arrojaban un resultado distinto al que se publicaba en los distintos medios".

Sanromán xustifica que era obriga de UPyD Nigrán "defender a todas y cada una de las personas que votaron por UPyD", polo que entende que foi "motivo más que suficiente" interpor os recurso para " aclarar esta irregular situación".

Con esta resolución da xunta electoral, a nova corporación de Nigrán estará presidida polo popular Alberto Valverde e as 17 prazas de edís distribuídas da seguinte maneira: 9 concelleiros do PP, 6 do PSOE, 1 do BNG e 1 da coalición UCN-CDL.