Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP de Nigrán cualifica de antidemocrática a actitude do candidato de UPyD ante o resultado electoral.

O PP de Nigrán cualifica de antidemocrática a actitude do candidato de UPyD ante o resultado electoral.

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde electo de Nigrán Alberto Valverde (PP).
Alberto Valverde acusa a Jorge Soto Sanromán de actuar movido polo resentimento ante o trompazo electoral do seu partido.  O futuro alcalde de Nigrán asegura que a única intención de Sanromán foi a de querer sementar a desconfianza entre os veciños e veciñas de Nigrán, e acúsalle de actuar de mala fe.

O Partido Popular de Nigrán cualificou de "vergonzosa e antidemocrática" a actitude asumida polo candidato de UPyD Jorge Soto Sanromán por haber interposto unha incidencia verbal e logo un recurso ante os resultados electorais do pasado domingo. O futuro alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, opinou que esta actitude de UPyD é "extremadamente fea" ao intentar aproveitarse dun erro formal para apropiarse de votos que non lle correspondían. Valverde dixo que "Aún conociendo que se había producido un error formal en un acta, este partido ha intentado aprovecharse para modificar la voluntad de los vecinos y vecinas de Nigrán, cambiando unos resultados que en las urnas dieron una aplastante mayoría al PP"

Para a directiva local do PP, Jorge Soto Sanromán actuou motivado polo "resentimiento" por mor dos resultados de UPyD. Agregan que a propia candidatura encabezada por Soto xa naceu en Nigrán por motivos de "resentimiento y rencor", en alusión ao pasado popular de Soto e o seu afastamento do liderado en Nigrán do PP a pesar de haber acadado o 60% das preferencias dos militantes antes das eleccións de 2007. Daquela e por mor dunha decisión da dirección provincial, Alberto Valverde asumiu a condución dos populares en Nigrán, condición que mantén ata de agora.

Mala fe

Es lamentable que una persona te felicite telefónicamente el lunes por la mañana por los resultados obtenidos y que al día siguiente denuncie una posible manipulación de los votos" afirmou Valverde. O dirixente popular asegurou que desexa deixar atrás este tema ao que etiquetou coma unha "anécdota surrealista", co fin de dedicarse a traballar de cara ao 11 de xuño, día da investidura da nova corporación municipal.