Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Suspéndese o reconto do votos en Nigrán e a correspondente confirmación das actas de concelleiros.

Suspéndese o reconto do votos en Nigrán e a correspondente confirmación das actas de concelleiros.

Correo-e Imprimir PDF
concello_nigran

A Xunta Electoral Local suspende o reconto dos votos das eleccións municipais en Nigrán e pon en suspenso o outorgamento das actas de concelleiros da nova corporación. A medida foi tomada sobre este mediodía pola autoridade electoral por mor dun escrito de "reclamación e protesta", presentado por UPyD contra os resultados do escrutinio feito pola xunta electoral e publicados polo Ministerio del Interior. O veredicto final agora pasa a mans da Xunta Electoral Central en Madrid.

Valminor.info tivo acceso á documentación e testemuñas doutros partidos "da futura oposición", que confirman a teoría dun erro nas actas e avalan a maioría absoluta da candidatura do PP en Nigrán.

Jorge Soto Sanromán, cabeza da candidatura de UPyD en Nigrán, recibiu a confirmación da suspensión do reconto e o traslado do escrito a Madrid, por parte da representante do seu partido ante a Xunta Electoral de Zona de Vigo, Ana María Alonso Lorenzo. Baseado na existencia dun acta da mesa B do Colexio electoral Gaifar (Panxón), que outorga 183 votos a UPyD e non 19 como figura na acta utilizada pola Xunta Electoral e o Ministerio del Interior. O partido de Rosa Díez entende que debe reclamar esa diferenza. Un veredicto favorable a UPyD , outorgaríalle finalmente 540 votos e habilitaría o ingreso dun concelleiro desa formación ao pleno de Nigrán. A mesma medida repercutiría sobre a maioría absoluta de 9 concelleiros de 17 que segundo o primeiro escrutinio, ostenta a candidatura popular do futuro alcalde Alberto Valverde.

Unha testemuña contraria á reclamación de UPyD do representante do BNG na mesa de Gaifar.

Xilberte Manso de la Torre actuou como apoderado do BNG no colexio electoral de Gaifar, e estivo presente no momento da confección das devanditas actas da mesa B. O representante do BNG afirma que ao rematar o escrutinio, os representantes dos partidos políticos xa pasadas as 22 horas, solicitaron á presidenta de mesa que achegara as actas do escrutinio. Como o número de delegados era maior que a cantidade de copias do documento, "se fixo a correr" unha segunda acta, supostamente igual á primeira para entregar ao resto dos partidos. E tal e como se fixera no primeiro documento, a segunda acta foi firmada por tódolos membros de mesa, e interventores dos partidos. O que sucedeu, narra Xilberte Manso, foi que ao pouco tempo, déronse conta de que esa segunda acta tiña mal colocadas as cifras, pois non correspondían os votos cos partidos aos que se adxudicaban. No caso do PP adxudicábanse os 19 votos de UPyD, e a esta organización os 183 obtidos polo PP nesa mesa. A esa altura moitos representantes dos partidos, entre eles UPyD, xa marcharan do local coa acta errónea.

O BNG como o resto dos partidos, afirma Manso, ten unha planilla de escrutinio onde se comproba de xeito fehaciente o erro. Nela os representantes dos partidos van tildando un a un cada voto que sae das urnas e o colocan na casilla correspondente ao partido. No caso dos nacionalistas iso lles permitiu comprobar que os datos que amosaba o Ministerio do Interior e posteriormente a Xunta Electoral Local son os correctos. A testemuña de Manso, tamén relata que outros partidos, entre os que se atoparía o PP posúen a primeira acta* que non contén erro algún e coincide cos números da Xunta Electoral.

*Fe de erro: A testemuña referíase específicamente á folla de recollida de datos do reconto dos propios partidos.