Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O panorama político de Nigrán pendente do segundo escrutino da xunta electoral.

O panorama político de Nigrán pendente do segundo escrutino da xunta electoral.

Correo-e Imprimir PDF
carteis-electorais-no-concello-nigran

Un intre de dúbida, ata mañá ás 10:00 h, nos resultados finais das municipais no Concello de Nigrán.

As contas non lle dan ao candidato de UPyD de Nigrán. Segundo a suma das actas oficiais da mesas electorais en poder do partido de Rosa Díez, UPyD acadaría 540 votos no municipio e non os 371 que publicou o Ministerio del Interior na súa páxina web. A diferenza non é menor. De confirmarse, Jorge Sanromán accedería a unha praza na futura corporación de Nigrán en detrimento do Partido Popular. O último concelleiro no municipio obtívose con 457 votos (coeficiente 457,3) e correspondeu ao noveno membro da candidatura do Partido Popular.

Pola súa banda, os populares afirman ter revisadas as devanditas actas e confirman o resultado que lles otorga a maioría absoluta da candidatura de Alberto Valverde. A incertidume das diferencias no escrutino resolverase mañá ás 10 horas cando no 2º andar dos xulgados de Vigo a Xunta Electoral faga o segundo reconto.

 

Jorge Sanromán declarou a Valminor.info que as actas asinadas polos respectivos presidentes de mesa, os vogais e interventores dos partidos arroxan 540 votos para UpyD. Da consulta dos mesmos documentos, segundo UPyD, o PP de Nigrán non chegarían aos 4000 votos, en contraste coas cifras do Ministerio do Interior que lle outorgan 4116 aos populares. Sanromán aclarou que UPyD non fará reclamación algunha ata que conclúa  o segundo escrutino da Xunta Electoral Local na xornada deste mércores 25.

A secretaría de prensa do PP Nigrán dixo coñecer o "rumor" que durante o correr da xornada circulou polo concello. Pero para o PP de Nigrán non hai dúbida algunha sobre as cifras xa divulgadas e a maioría absoluta da candidatura de Alberto Valverde. Os populares afirman ter revisadas totalmente as devanditas actas e non atopan as diferenzas das que fala UPyD.

Valminor.info acadou información en fontes do PSOE e do BNG de Nigrán, as que tamén manifestaron descoñecer o montante da diferenza. Sen embargo tódalas agrupacións fixeron referencia a unha mesa electoral no barrio de Gaifar (Panxón), onde advertíronse erros na confección da acta final. Ambas as dúas fontes coincidiron en que podería dar lugar algunha diferenza, aínda que non poden confirmar a diferencia de votos ás que fai referencia as contas de UPyD.