Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A xunta electoral dá 24 horas para que UPyD formalice o seu recurso dos resultados electorais en Nigrán.

A xunta electoral dá 24 horas para que UPyD formalice o seu recurso dos resultados electorais en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Para UPyD Nigrán a suma das actas oficiais entregadas polos presidentes de mesa o pasado domingo, arroxan 540 votos. O mesmo documento e con igual resultado foi amosado esta mañá polos representantes do PSOE e o BNG no 2º andar dos Xulgados de Vigo onde se fixo o reconto das eleccións municipais. Sen embargo para o Ministerio del Interior e a xunta electoral local, os sufraxios de UPyD son 371. A causa da diverxencia e unha mesa electoral do barrio de Gaifar, na parroquia de Panxón, onde fixéronse dúas actas con resultados diferentes. A xunta electoral outorgou 24 horas a UPyD para recurrir o resultado.

En orden de tempo, e segundo puido pescudar Valminor.info, a primeira acta é a que daría nas contas finais os 540 votos de UPyD. Segundo fontes presenciais desa mesa, ese resultado é produto de que no campo de UPyD anotáronse os votos correspondentes ao Partido Popular. Despois de ser firmada esta acta detectouse o erro e confeccionouse unha segunda acta cos valores correctos, pero sen destruír a primeira cos erros, que foi a que finalmente levaron os delegados dos partidos. Ambas as dúas actas están asinadas polo presidente de mesa, os vogais e interventores dos partidos. Na mañá deste xoves 26 de maio, os servizos xurídicos de UPyD en Santiago e Madrid decidirán se o partido presentará un recurso ante a xunta electoral local, sengundo informou Joge Sanromán, cabeza de lista da agrupación.

Unha decisión favorable a UPyD, significaría a obtención dunha praza de concelleiro por este partido na corporación de Nigrán, e ao mesmo tempo a perda da maioría absoluta que de momento o PP ostenta con 9 edís. A xuntanza desta xornada comezou ás 10 da mañá e finalizou sobre as 17 horas. Ante a existencia da devandita duplicidade das actas, UPyD presentou unha incidencia. Por mor disto, nun prazo de 24 horas UPyD deberá decidir se presenta ou non unha reclamación formal contra o resultado do escrutinio final destas eleccións municipais en Nigrán. De momento a xunta electoral da por válida a segunda acta da mesa de Gaifar, a que avala os resultados publicados polo Ministerio del Interior, e deixan fóra a UPyD.