Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Cristina Fernández non asumirá como edil do BNG en Nigrán. Xabier Rodríguez ocupará a praza.

Cristina Fernández non asumirá como edil do BNG en Nigrán. Xabier Rodríguez ocupará a praza.

Correo-e Imprimir PDF
Xabier Rodríguez e Cristina Fernández anunciaron a renuncia desta á praza de concelleira do BNG Nigrán.

Cristina Fernández non asumirá a súa praza de concelleira en Nigrán por mor dunha situación familiar que require a súa dedicación absoluta.

Xabier Rodríguez, número dous do BNG de Nigrán ocupará a praza de concelleiro que correspondeu aos nacionalistas na nova corporación municipal.

Por razoes de orde familiar Cristina Fernández renunciou esta mañá ao seu acta de concelleira a través dun fax dirixido á Xunta Electoral de Vigo. A decisión de Fernández conta co visto e prace da asemblea local de militantes do BNG que o luns pasado escoitaron os argumentos da que fora candidata a alcaldesa dos nacionalista, e non dubidaron en darlle o seu apoio. Fernández é nais de dous xemelos que atravesan por un delicado estado de saúde que require a súa absoluta dedicación. No seu lugar, o BNG de Nigrán resolveu que sexa o número dous da lista Xavier Rodríguez quen ocupe a praza que deixa Cristina Fernández.

“Para min é unha pena moi grande non poder completar a lexislatura” expresou Cristina Fernández en rolda de prensa. Agregou que os seus fillos estiveron ingresados varios meses no hospital, coincidindo coas semanas previas e a propia campaña electoral, polo que “resultaba difícil estar nos actos e actividades”, do BNG de Nigrán. Fernández agradeceu a confianza depositada na súa candidatura polos votantes do BNG e salientou o ánimo e comprensión dos compañeiros de partido. “Espero que a xente que votou ao BNG me comprenda, estou segura que aqueles que ten familia con nenos o comprenderán”, sinalou. Fernández afirmou que non se afasta totalmente da actividade política, á que seguirá comprometida dento das súas posibilidades.

Pola súa banda, Xavier Rodríguez dixo que en nome da asemblea local quería dar as grazas a Cristina Fernández pola súa responsabilidade, e opinou que ela é un “activo desta organización”. O novo concelleiro nacionalista na futura corporación municipal de Nigrán tamén agradeceu o apoio dos votantes do BNG, en estas “circunstancias tan especiais”. Rodríguez salientou que nesta nova lexislatura o BNG é a “única forza de esquerda e nacionalista” con representación en Nigrán. Opinou que a xente de esquerdas non acompañou “aventuras personalistas” (en alusión ao escindido grupo de David Giráldez), nin a “outras forzas de esquerda que quitaran representación”.