Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán organiza o Campamento de Verán 2011.

O Concello de Nigrán organiza o Campamento de Verán 2011.

Correo-e Imprimir PDF
cartel_campamento_urbano1

O Concello de Nigrán organiza os campamentos de verán para nenos e nenas con idades comprendidas entre 5 e 12 anos, ambos inclusive, empadroados no concello de Nigrán. O número de prazas é para 75 rapaces. O campamento desenvolverase do 1 ao 31 de xullo, de luns a venres, en horario de 09.00h a 14:00h. O día 25 de xullo non haberá campamento por ser día festivo na Comunidade Autónoma. O campamento desenvolverase nas instalacións do C.P.I. de Mallón, rúa Manuel Lemos, 81, San Pedro da Ramallosa, Nigrán; con excepción das diferentes visitas que se realizarán a distintos puntos do concello. O Concello de Nigrán subvenciona este campamento con 2.300€.

O prezo é de 40€ por neno participante. Este prezo poderase incrementar se non se acada o número previsto de participantes. Esta cantidade abonarase directamente a entidade adxudicataria, no número de conta do BBVA: 0182-1395-15-0201538368.

As persoas interesadas en participar no Campamento poderán descargar as bases na web do concello e deberán presentarllas na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, Avenida Castelao, s/nº, en horario de luns a domingo de 10.00-14.00 e 16.00-20.00 horas; dende o 20 de maio ata o 11 de xuño (ambos inclusive).